fíxate en min.
apresurada en medrar. deixei de ser muller,
mudei a pel no longo transcurrir das horas.
comprendín que non existía.
son a sal que se lambe despois das bágoas.
crábanme unha fila de ollos,
pero son cobra que peregrina,
sigue medrando na dolorosa forma do berro contido.
verbas croando perto de mi,
nívels de sur-realismo máxico
do que me visto.
eva méndez doroxo
1 comentário:
Ola Eva!
aproveito para comentarche que por fín actualicei o meu blog (!), aínda que non sei se lle poderei dar continuidade...
moitos ánimos coa poesía e con todo o demais ;)
bicos,
Raida
Enviar um comentário