segunda-feira, março 17

mesmamente eu

desaparezo na simetria imperfecta dos adoquins.
sintonizando no dial algunha lembranza do que fun,
perdóme no timbrar intenso dun teléfone imposible.

doe a cabeza.
intensa e interminablemente,
só para anunciarme que sigo viva.

desexo inventar un idioma no que os sons vibren,
rexenerando as conexions deste vello corazón canso de latexar.

son a infatigable muller esquelete,
filla da morte,
casada coa vida,
corrompida por o amor ao brilo do salitre.

eva méndez doroxo

2 comentários:

Anónimo disse...

Ola Eva,
merci polo teu poemario.

Non me puxen antes en contacto contigo porque son un desastre...

Un beixo ben grande, xa nos lemos,
Alicia


P.S.: fotolog.com/nena_alvisima

Eva disse...

grazas alicia, aí nos vemos.
bicos

Free Counter and Web Stats