quinta-feira, julho 26

RETIRO UN POSTRE DE MEL POR REQUERIMENTO.

Queridos amig@s, tenho que retirar do meu blog o poema que levaba por titulo o que arriba reza, pois contactaron-me a familia e máis a poetisa que leva por título, sentindo os meus versos como unha falta de respeto cara a ela e máis un dano moral.

Nunca pensei ofender así a unha escritora da cal gosto moito e por iso e por pedido expreso deles retiro cada un destes versos que supoño ofenden por empregar unha linguaxe que se mal interpreta.

Dignificar palabras é tarefa dos escritores e máis dos lectores e saber comprender o significado tamén, gustaríame un mundo máis humano onde descalificar non consistise en quedarse na superficie da esencia da humanidade.

Con isto, pretendo DISCULPARME publicamente ante a Sra. F.I.P e máis a súa familia e seguidores, pero quero deixar claro que as miñas palabras definen un concepto entendido dende unha complexidade que vai máis alá de empregar unha linguaxe ou outra, e que en ningún momento pretendín mancar, ferir sensibilidades alleas e DOEME enormemente que as PALABRAS non podan ser expresadas en toda a súa magnitude.

palabras prohibidas


8 comentários:

Anónimo disse...

Volve a pór o poema! Non lle fagas ningunha referencia a esa retrógrada por moito que che gustar. Xabier

Eva disse...

grazas!!
pero é unha mágoa saberse nun mundo así ¿non? e o pero é q a única referencia é un titulo.
de verdade q manca saber q algo q escribes porque che gusta dana a alguen q aínda q non coñeces che fixo ben dalgun xeito. pero o máis triste de todo é como as PALABRAS seguen a ser tabues, prohibicions e ilexitimas aos ollos de nós mesmos.
bicos e grazas

Anónimo disse...

Ola eva

é unha marabilla o teu blog, animo!!! non fagas caso dos excesos das fachendas alleas....

dende o outro lado do mar pequeno

Anónimo disse...

Eva, quero enviarche unha aperta ben forte e todo o meu apoio.

Se a poesía non sirve para romper tabús, daquela non sirve para nada.
Dende logo, non ha de estar subordinada a ningunha moral, e as palabras en sí non son patrimonio de ninguén, somos nós quen nos apropiamos delas.

Iso debería sabelo a señora poetisa brasileira tristemente protagonista desta historia (non cito o seu nome, non sexa que tamén teña copyright, que medo!!) denantes de lanzar acusacións esaxeradas e infundadas sobre as túas intencións ao citar ese poema seu do que tí tanto gostabas.

Que triste que a homenaxe que tí querías facerlle acabase boicoteada por ela mesma...e de que xeito.

Ler para crer... (ou para deixar de crer, millor dito)


Bicos e forza!!!

Eva disse...

grazas a tod@s por estes comentarios de ánimos. aí andamos, como alguen dixo "todo está inventado", así que seguiremos empregando unha linguaxe que nos guste porque como di miña curmá "para gustos as cores".

BICOS GRANDES

Un barquero chiquitito disse...

El poema lo he recuperado de la caché de google y lo he colgado en mi blog.

Y si le molesta a esa mujer que me denuncie porque a mí me gusta y no lo pienso quitar.

http://quienmemandabaami.blogspot.com/2007/07/eva-roxo-como-el-jueves-tambin.html

Anónimo disse...

Non lin o poema, pero polo texto que enviaches da súa resposta...
Aínda que comprendo a súa indignación, e o dano moral que lle fixeches...alguén que fala de moralidade e indecorosidade (que palabro máis retorto...)a verdade é que non paga a pena perder moito tempo con ela...
Se nin siquiera foi capaz de comprender que lle estabas a facer unha homenaxe...
E o dito por Raida, as palabras e as ideas non son patrimonio de ninguén...ademáis ti nombrabas a fonte de inspiración...
Non te desanimes por este fatídico episodio...
Ánimo!!!!!!!!
E beijinhos doces...
(dozura é o que lle fai falta, seguramente...)
;)

alberto augusto miranda disse...

Este comentário aborda tão só a questão poética.Através do blogue do ibn luanda, pude clarificar várias coisas:
1-as três linhas não foram plagiadas, quando muito serviram de "mote" (acrescento, a propósito de plágios que essas 3 linhas se encontram penduradas em centenas -digo bem- centenas) de poemas tardo-românticos do século 19, aí incluidos termos-fetiche como "sina".
2-o teu poema, dada a sua profundidade que requer um leitor que não seja óbvio, merece ser plagiado. Entretanto publiquei-o na incomunidade.

Free Counter and Web Stats