quarta-feira, novembro 12

alteración da vida 1

son, aínda, a folla que treme en teu alento ausente,
na mordedura que enche de veleno a separación entre a dermis e a realidade carente de sentido.

carretamos os mortos nas costas pero non divisamos nosos corpos espidos tras a celosia de papel de arroz que nos separa.

funme, aínda son ida,
non controlo a temporalidade,
vivo nun auspicioso pasado que me conmove.

alargo sempre miñas mans baixo as sabas, buscando a humidade, o bater dun insólito corpo que me abrangue toda.

os eclipses transcurren e meus ollos miran túa intencionalidade oculta tras o máis espesos dos silencios.

eva méndez doroxo

2 comentários:

Nelson disse...

Gostei de ver esta tua nova vida!
Muito bom ser recebido assim, com esta alteração de vida!
Bicos

concubina da morte disse...

nelson, sempre túas verbas enchenme de ditosa alegría e enchen os anacos entre as cidades caidas q nos observan.
bicos mil

Free Counter and Web Stats