Atópome atrapada na infinita soidade amorterada coas bágoas das lembranzas que esquezo.
Non son quen hoxe de erguer este corpo salitre e escamas.
Conseguín ser boa na observación abstracta dunha realidade que non me pertence, un mundo que me é alleo, no que non podo penetrar as agochadas e que non me permite existir como individuo.
Non formo parte da colectividade transmutada, nin son un ser evolucionado vido doutro planeta. Máis existo tras a alteración da neve, tras a filtración solar e as palabras todas.
Aínda que non me vexas, aínda que conseguiras esquecer todas as branduras do meu corpo, sigo respirando ancorada a unha máquina de oxíxeno que algún día, espero, me faga libre.
Pouso os dedos indómitos sobre a electricidade que aínda me abrangue toda.
Renumero as posibilidades de camiñar con meus pes descalzos o espacio infinito entre os neutrons orbitantes.
Pero quedo quieta.
Sempre quedo inmóbil, aterrada polo frío que conxela as árbores da memoria. As cápsulas de alimento que me suministro, aínda hoxe, para non pensar que son unha musa mutilada, un ser antagónico, unha hiperrealidade en forma de boneca.
Supoño que non me entendes, que non vas conseguir descifrarme na cadea numérica.
Pretendo simplemente arranxar miña fuxida, escapar desta telaraña algorítmica e penetrar no presente.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário