As veces teño medo da oscuridade que invade os hocos entre as paredes e eu.
Mollo as parcelas de separación para sentir ca liberdade aínda é posible.
Creo espazos abertos, ilimitadas chorcas onde habitan os seres que noutra vida coñecín, mal chamados mitolóxicos.
Debuxo verdume ilimitado e adorno co cheiro dos cugumelos outonais.
Deixo que me laven como parasito, manteño miña inmobilidade mortuoria, comprimo meus órganos contra o chan e apreto as comisuras para non berrar cando me penetran co ferro, inspeccionando o silencio da miña gorxa.
Tíranme metal fundido para abrirme a carne, para poder gozar de meu sufrimento. As veces a voz quere liberarse e teño que morder os beizos ata manar sangue como sacrificio idéntico e así aplacar os epíritus que me habitan.
Máis non consigo controlar os ollos. Eles choran e brilan, agasállanlles o odio que anelan e cos fai felices.
Mutiláronme, non podo saír desta fria pedra que corroe os ossos.
A beleza escorreu polo vertedoiro cos excrementos que expulsa este corpo en descomposición. A intelixencia ardeu baixo o rio ardente no que me mergullan cada noite. Esperanza chantada con cravos as miñas unllas.
Silecio absurdo que lanzo dende a cova onde habitamos todas.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário