quarta-feira, dezembro 17

lapsus

artellei unha conxunción paradigmática do outro lado da catarse.
correspondencia abstracta de ollos punzantes.
os dedos a continuación das respostas algoritmicas nas que nos esquecemos,
como en tantas épocas,
da nosa condición humana, deprabada e absurda.
deslizar os dedos nas follas amarelas,
chuchar o sangue quente dunha literalidade relambida.

non entender o significado da morte é mesmo non seguir vivo.

eva méndez doroxo

2 comentários:

amauta disse...

boas pingas de concentrado literario saen das súas receitas.
Parabéns!

concubina da morte disse...

vindo dun padal como o seu, síntome ditosa de tan deliciosas verbas, obrigada.
bicos

Free Counter and Web Stats