quarta-feira, outubro 29

de pinyols i atmetlla

acaricias meu femur baixo a tela.

sinto o frío percorrer teus paisaxes desprovistos de antenas.
somos a fauna que nos habita,
a indomable fricción do ruxir do tempo,
antagonía de xemidos abstractos que fuxen da pel.

mordida, na incontinencia, mostreinche meu ábside.
entraches estranxeiro,
perdido no formigueiro de praceres co afondar, no branco que me conten, te percorren.


eva méndez doroxo

de piñons e amendoa

acaricies meu fèmur sota la tela.

sento el fred recórrer els teus paisatges desproveïts d'antenes.
som la fauna que ens habita,
l'indomable fricció del rugir del temps,
antagonia de gemecs abstractes que fugen de la pell.

mossegada, en la incontinencia, t'he mostrat meu absis.
has entrat extanger,
perdut al fomiguer de plaers que al fondejar, en el blanc que em conté, et recórren.

badaladas

sometida, baixo a cadea lingüistica, entre teus dedos de cristal.
imaxínote espido, sen verbas na boca, co ollar baleiro.
rememorarte na anfinidade do sexo (quero),
na sumerxida historia dos silencios.

rescatar os alentos vellos,
as pinturas cavernícolas,
e mollarnos involutivamente nos agarimos de xeo.

o tic tac apresurase na parede, conségueme coser os beizos con fío de seda, mastigar a impronunciable retórica dun diagnòstico funebre.


eva méndez doroxo

sexta-feira, outubro 24

obviedades

son terrorífica fada destructiva.
animal invisible de fouces ensangrentadas.
monstruosa imaxe que retorna dos espellos que levades enganchados no peto.

cortesana dunha morte que se anuncia nos cartaces iluminados,
que protesta encorsetada en símbolos de liberdade.
somos dúas amantes desfeitas pola realidade,
consumidas pola frustación do abstracto, do sentido aortíco das palabras desprestixiadas.

mutación contaminada na probeta,
co-relatividade numérica, eufemismo impronunciable, recordatoria humanidade.
ser defectuosos, astroloxicamente imperfectos en nosas teorias perturables.
mostrarnos coa pel nua, co refaixo lixado, coa lingua retallada en forma de estrela,
patetiza o medo que infundo dende a proximidade de min mesma.

eva méndez doroxo

quinta-feira, outubro 23

a muller dormida





emerxo serea da verticalidade na que me atesouras.



eva méndez doroxo


imaxe cortesia de nelson

terça-feira, outubro 21

terrons de zucre

tomarme, en sorbos curtos, para non queimar a lingua,
para non sentir miña pel de canela penetrar túa porosidade.

óllasme a través da porcelana que me contén,
o recipiente que nos separa e che fai estar salvado de meus vapores.

sérveste outra taza, son infinita molecula de sal á que non acostumarte.
enfrío, desaparezo na brancura da louza na que me confinas.

tabillona

quinta-feira, outubro 16

frontal

nas costuras da morte mézome.
trepo espida de palabras aos beizos dun cráneo sen carne.
espertei na oscuridade, mirei miña mau fuxir baixo teus contornos,
animal aterrado que me deixa sorberlle o zume da vida
na distancia que marca o reloxo ouveando seus cuartos para apartarte de min.

teño que meterme no armario, buscar entre as páxinas queimadas, rescatar as letras borradas polo paso das vidas e reconstruir meu magnétismo, miña personalidade gótica, revosante de perplexidade, antes de saír do esquelete que me protexe da vida, que me seca a inmácula concepción de irrealidade.

superposta no calidoscopio de papel recupero miña mau en fuga, vomitote mesturado con sangue e recapacito sobre a inexactitude do tempo que nos corrompe.

eva méndez doroxo

quarta-feira, outubro 15

còrtex sagnant

nos dedos a frustación toda dos agarimos roubados.
meus beizos, ausentes de humidade, na distancia imposta pola racionalidade.
morta para chegar ao complimento decisorio do éxtase,
da disección sistemática dun ollo-alterego.

principiando os contos das noites, en lume, enchéronseme os alveolos de cinza,
pudríuseme o sentido e afondei na soidade dos órganos metamórficos dun corpo que me é alleo.

raquitica forma anterior, ninfa desecada en túas indeferencias.
absurda muller transformer que corre baixo os paraugas da nostalxia.

tabilhona

quarta-feira, outubro 1

free_taxes

compás que aturde meus receptáculos nerviosos.
na terceira falanxe anida o ferro, a impremta que me identifica entre a montaña de excrementos.

estorcín o xeonllo escapando. afeitáronme a cabeza con unha tiseira enferruxada, o sangue non quixo manar dos meus vasos capilares, as bagoas reprimiron o berro na gorxa e arranquein a lingua.

manan as verbas só desta falanxe ferrada. é miña sina, a identidade maldita ao redor dos sexos podres que se acanean nas ventás sabor a canela.

todos os músculos do meu corpo son cadeas de titanio, indestructibles estructuras que avançan pola lama maforenta das individualidades en rede.

eva méndez doroxo

quinta-feira, setembro 25

contracorrente ortografiada em portugués

rependuro nacos da incongruência
exposta no chão a impudica realidade dos sumos polvilhados com canela
do outro lado do espelho, marmórea e transparente, a figurinidade do que acontece

não há uma autêntica expressão do silêncio
as palavras invadem cada parcela de inconsciência para se flutuarem e expandirem
crescemos apenas na concentração intrínseca dos olhos em fecho
desejando que as raízes possam acalmar os berros internos que libertam a podridão do existente.


obrigadisima incomunidade

quarta-feira, setembro 24

contracorrente

penduro novamente anacos de incongruencia.
exposta no chan a ímpudica realidade dos zumes espolvoreados con canela
e do outro lado do espello, mármorea e transparente, a figuración do que acontence.

non hai expresión de silencio auténtica.
as verbas invaden cada anaco da inconsciencia para fluctuar e expandirse.
nós só podemos medrar na concentración intrínseca dos ollos pechos.
desexar cas raíces das árbores un día calmen os berros internos liberando a pudredume existencial.

pero non podemos escapar de nós mesmos.

tabilhona

terça-feira, setembro 16

contacto

córtame os ollos e falemos de sexo.
interlocuemos unha narración explícita na cos nenos non interveñan.
(tampouco as arpías moradoras dos intestins da fame).

rogóche que me abandoes, que non sigas comendo os teixidos que me compoñen.
móstra túa natureza salvaxe, teu ardor impropio e organiza un aquelarre para purificar meus peitos cóncavos.

renumerar as cousas non as fai máis reais pero alomenos alimenta os egos.

tabilhona.

quarta-feira, setembro 10

loc xxx

respirar neste instante máncame.
preciso arrastrarme baixo o chan, reptar cobra oscura e deixar miña pel absorber os gases da vida.

modifico os sólidos contra as uñas de salitre e magnesio.
debo ser aspirada por un organismo maior.
un río de lava que penetra na porosidade dilatada do eu para cuspir as frustacións.

eva méndez doroxo

segunda-feira, setembro 8

etra 1.2

résgame.

intersecciona teus movementos felinos na miña ideosincracea e lastima meus dentes furtivos.

corro tras chans de sangue no fondo dun oceano de asfalto.
o gris conmemora o nacemento da estupidez humada,
analoxía petrea das naturezas mortas que anidan en min.

raspo o fémur coas conchas que rouben na noite e vexo a orxía mariña entre os meus pes.
non es alleo aos fluídos cósmicos.
desexante desexado, afonda un pouco máis en min.

eva méndez doroxo.

domingo, setembro 7

retállame

concretando os parámetros irreais, as identidades cruzadas nas que perderme.

abrir a boca inspirando os insectos que se apegan na larinxe.
morder os ollos alados sen sentido para desaparecer na profundidade dun estómago que nos dixire a todas.
mulleres coladas nunha traquea ferrada.

eva méndez doroxo

quinta-feira, agosto 28

concordia

morna olleo a brancura das paredes que me percorren.
doeme o corpo nesta soidade anhelada na que me atopas.

entendinme ser ilimitado, condeado a incomprensión nunha terra chea de alentos que nos abandoan.
ninguén pode entender as verbas impronunciadas do espíritu ceive que non se deixará atrapar.

fuxín a un lugar onde o alimento escasea.
corrín ao redor da lúa, espida fun o seu espello, a pel onde ollarse sempre fermosa.
dormín entre as lobas vellas en covas inescrutables baixo as cidades.
sigo surxindo dos lamentos dunha voz grave e masculina que me somete á cadea de min mesma.

lembro o día no que se abriron as pechaduras e seguín inmóbil, ollando para el sen ser capaz de mover os músculos que permiten correr.
esquecidos os olores a terra mollada e mofo, o sabor de vainilla... sigo, atrapada nunha inmobilidade de non comprendo.

eva méndez doroxo

descoñecido

a ti descoñecido que te colaches na miña cama cando me pensei allea á paixón.
home-insecto que me mudou de pel novamente,
lembroume meu corpo de cobra áxil e ceive.
aplastou miñas verbas baixo o manto pesado e ilóxico da indeferencia feroz e bebeu o sangue quente que mana deste corazón desexante de ser queimado polo sol da incertidume.

voltei a cova, a recitar silenciosa os versos que compuxera entre xemídos e ausencias.
enrosqueime sobre os axouxeres: tesouros inroubables nestes dias de predadores de almas.

sentín o ar secar todas as bágoas que aínda non conseguín botar. reconstruín cada unha das verbas, dos agarimos, dos ollares non interpretables e explotoei un peito incapaz de conter o berro atroz da frustación a non ser oída.

deixei de encaixar nas túas espectativas,
son unha palabra que non encaixa na pantalla do teu portátil, décheslle á tecla delete, seguindo a redacción para a publicación do teu ego.
máis eu, animal a pesar da mente, teño que deitarme nas pedras, saír quentar meu corpo ao sol e desexar co cheiro de frores alonxe teu recordo.

paixón igual sufrimento. nada que ver co amor. obsesión de renacer algo morto ser significado e significante, rexurdir da ciza e elevarme entre as cores imposíbles da máixia da utopia. unha vida destinada ao fracaso, ser indómito entre mentes escravas. mundo interior ireconciliable coa realidade.

eva méndez doroxo

terça-feira, agosto 12

biomolécula da economia

as sustancias fíltranse polas membranas celulares,
penetran no fluxo sanguínio,
apodéranse da nosa bio-masa.

eticamente non podemos conxugar o odio,
non é estrictamente necesario que a negatividade da fotografia se expoña dada volta,
pero amamos esas miserias.

pendurados dunha corda, hai culturas, que deixan os tenis, o elemento evolutivo do desprazamento.
nós, tendemos os panos xigantes cheos de merda nos patios de luces.
cara á rúa só cordas baleiras que pretenden expresar que non temos nada que amosar, nada do que escapar.

as estradas limpas, os mobles pegados ao chan na posición perfecta para tomar o sol.
rengleiras obedientes de cascudas visitando edificios, desprazándose espidas por entre o cemento - sen imperfeccions -,
coas vidas exactas, conmutadas por un ordenador central,
a rede mátrix en tempo real.

unha ilusión reflexada no espello cuspido de sangue que non se pode limpar.
a realidade taladra as paredes moleculares, non hai xeito de escondela.

eva méndez doroxo

sexta-feira, agosto 8

modelo pi 346

reinicio.

circuitos queimados, cables roidos pola chúvia.

boto de menos cada segundo no que a miña desconexión fíxote posible.

quarta-feira, agosto 6

monte furado


es a rá que non vexo,
o lombo de sapo no que mergullar a lingua para afondar no mundo máxico e desaparecer.

traspásame coa túa pel anfibia,
afógame coa túa lingua cazadora de insectos.

conxúga túas ancas en lectura vertical e surfea en miñas ondas.

eva méndez doroxo

sexta-feira, agosto 1

libérame do tempo

neso que chamamos tempo artellei unha vida.
subinme ao carro das estratexias, como o resto de cíborgs.
rexinme polas normas da escrita: amei sen ser amada,
redibuxei as liñas continuas da casa, metinme nela, servín unha infusión quente a quen non me quixo.

vivín na mediocridade do tempo, nunha dimensión hiperbólica onde nunca souben se as palabras ían con "v" ou con "b".

agardein as canas e as enrrugas, os ollos sabios da vellez.
agardein a felicidade do que sabe, non por feliz se non por atoparse ao final do calvario.

mírome cada noite no espello, na oración do meu compañeiro silencioso.
non vexo máis co mesmo rostro de hai anos.
a sabiduria escurriuse polos regos sen semente do meu rostro.
a felicidade deixou imprenta na miña pel pencosa, descuberta demasiado tarde, cando outros ollos miraban por ela.

quero desaparecer, reconfigurar esta inexistencia para facerme tanxible a min mesma.
ser unha masa de experiencia só conduce a inventar historias, a ollar o pasado (outro invento terrorífico da humanidade), e morder os dedos por non poder desvivir o anhelado.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats