non entendes meus xestos,
sútil linguaxe de min.
non comprendes os silencios,
expresión crítica do que significo,
a miña complexa identidade
que gardo na in_memoria
do non existir.
recapacitan teus dedos,
cando persiguen a pel
que che é allea,
pero non entendes a información
o retrasmitir en código Eu.
non es capaz de descifrar
as parábolas do sen sentido no que vivo.
independizada do caos
preciso tres tazas del
antes de enfrentarme a ti,
escéptico ser terrestre
capaz de comunicarte,
incompleto sen min.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário