extrémome ao verte
nos ollos alleos,
nos beizos alen.
na vida que sigue.
non formo parte do universo coñecido
son unha costelación toda
unha vida alternativa ao que din vida.
existo na mente que pensa
no ar que respiras,
en ti, existo axitadamente
silenciosa e cega,
agarimosa e tenra,
unha pequena luz que se apaga cada minuto que me esqueces.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário