quarta-feira, julho 30

repetición do caos

renumero unha vida chea de números exponenciais.
matemática dos conxuntos, cada unha das falanxes que multiplico por cero para chegar a infinito.
invertidos factores de palabras que se agrupan en simples alineacions de ceros e uns... sempre a teoría do básico, sinxelo, doado... que invertido e exposto ao bater das ás da miña conciencia, dan paso ao caos.

tabilhona

resurrección 0.1

son un pozo de bágoas,
un ser que foi aniquilando sistematicamente calquer emoción, sentimento, acción...
consuminme a min mesma sen darme conta.
cheirei a felicidade e tiven medo de formar parte dun perfume descoñecido.
pretendín trepar os montes da soidade e caín no abismo da carne.

permanezo inmóbil entre os corpos con vida.

as células das que formo parte están en inactividade,
sigo caendo na profundidade dos seres que me ignoran.
non atopo quen reactive a miña motricidade e escale conmigo as paredes do sufrimento, rexurdindo da néboa.

eva méndez doroxo

sexta-feira, julho 25

contrasinal

nos beizos sabor a xenxibre e mel.
mistura alporizada, na agua quente, aquela que pensamos eterna ao espirnos áxiles baixo os dedos.
un e outro enfrentados nas montañas do orgullo,
soñamos pensamentos impropios, linguas de sal,
pel de mares pequenos nos que non afondar en demasía.

así poder mergullarnos nas ladeiras dos nosos corpos embravecidos pola indiferencia,
o veleno do que non podemos escapar.

eva méndez doroxo

segunda-feira, julho 21

carpe diem

MÓRDEME!rabioso por non terme.
como eu, destrozada na inmensidade dunha boca baleira.

Chántame os dentes ata o fondo dos ósos.

eva méndez doroxo

infinito 34


Un minuto antes de partir.
Xusto nese intre en que a distancia e o tempo comparten as partículas inomebles da existencia.
Ese segundo no que algo mudou e rexeitamos ser parte do que ía cocer no forno...
Agora que todo esto designifica o que entendíamos,
que empezaches a borrar da túa pel cada anaco de min,
que xa non lembras as risas baixo a auga.

Teño que marchar.
Desaparecer novamente e ser unha sombra, curar as feridas que noutrora me arrincaron da realidade.
Refuxiarme na invisibilidade dunha identidade non rexistrada.

tabilhona

segunda-feira, julho 14

mutantes

carne prostituida. deborada polos inséctos, predadores do tempo.

arríncanvos a esencia envolvendo as maus en éter: materia eterea dos deseños amórfos,
hipotese científica creada por filósofas do pracer.

rexeito calquer forma humana,
definición de poder abstracto ou concreción do verde.

renumerar o infinito, desordeando os factores para conseguir unha dixitación pura.
un número primo composto polo cheiro dos corpos que arrabuñei esta noite.

unha lexión de coleópteros acuden á chamada do mutante.
alleos ao sol queimador de vampiros (noutr'ora), dipositan os excrementos transparentes da pel deborada, do cheiro a vida indómita, aniquiladora.

sobrevivir nas sombras é doado.

resurxir da combustión dos corpos, na forma aterradora da realidade, sen disfraces, sen orellas.
sentir as patas da nación insectívora que precede ao caos e abrir a boca cazando unha intelixencia allea.
vivir plenamente os dias que transitan mutantes...

eva méndez doroxo

quinta-feira, julho 10

cartas numeradas

em fa mal la pell al no tenir-te a prop.

lémbrasme que existo, que aínda respiro nos conductos plásticos dunha metropolis.

aconsegueixo que signifiquis més enllà del temps.

arríncome os electrodos do peito.

baixo os teixidos: fráxil bolboreta de sangue.

retórica aprendida na mistura de area e chicle. non sei onde están os pes, pero adio o momento de andar espida pola habitación.

arrastrar o pasado pesa,
em submerxeixo entre teus osos e navego nun mar de pel.


tabilhona

desintegrada

espacio: interacción de moléculas.

forman parte de min, son as párticulas da deseperación.
tapiz monocromático tecido con falanxes expertas.

respóstome na continuidade.
cascuda que sobreviviu á detonación nuclear.
córtex esnaquizado no que afondar os dentes para chuchar a xelatina.

composta por anacos de incertidume, abandonei o caos para darlle paso á NADA.
amósome: títere de fios transparentes,
ao mirar enriba vexo unha nariz de paiaso e un sorriso que me aterra.

quero co sol escache e fervan os espacios microscópicos da realidade,
formar parte dunha teoría fallida eme insoportable.

eva méndez doroxo

sexta-feira, julho 4

jewish song

cando a dor acontece nunha intersección da pel é que non hai ósos dos que destecer o misterio.

a incongruencia de non existir, rodeada de alentos = expresión de vida latente.
simplemente lerme dende as unllas dos pes, no índice de toda a humanidade, amalgama de sabores.

normalmente afógome. non respirar unha leira propia de ar, ter que compartir o cheiro de coñecemento con cabezas destinguidas de azul.

remexo no areal, en busca dun óxixeno vexetal, algo producido e aínda virxe, algo no que expresarme en violeta, cor titílante de definicións variadas.

porque os mellores poemas son os que falan de amor, se aos ler teste sentido amado, reescribo a miña historia de espazos baleiros con palabras que insinúan especificamente que falo de ti. quen me le.

fozo novamente entre os vermes da inexactitude para sentirme morna e débil, deixarme chuchar o sangue por homes alleos a min, mulleres que desexan meus teixidos brandos para facer vestidos.

son vendida no porto, onde as pedras falan de encargos e diñeiro do que non se imprime nos bancos.
escrava, unha parcela de cartilagos experimentados en dar pracer a quen teña a chave da cadea.



eva méndez doroxo

quinta-feira, julho 3

dixitación 3_4_0


limpo a area do deserto da miña habitación.

soñei que ía sen rumbo cara os cantís de dunas fervendo
co ar era alento de lembrazas esquecidas.

dóeme a pel.
nos ollos non me quedan bágoas para ser feliz.
teño os beizos rachados, cheos de pintura e vermes.

nos dedos encoran todas as letras dun idioma simbólico,
que falábamos cando nenos alá na auga.

remexín as entrañas dos mortos en busca dunha resposta teimosa.
recompensada me sinto ao mirar as maus limpas, cheas de sangue.



eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats