Mostrar mensagens com a etiqueta licors. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta licors. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, dezembro 23

yasodara

neva.
a lembranza do encontro permanece no branco,
fumea.

esnaquizase o sorriso tras os muros de distancia,
fuxiches vestido pola noite,
agardando o silencio da miña respiración tranquila.

escapas do corpo, da tela, dos dedos, da lingua,
de min?
realmente non existe o medo nun acto desesperado
por desaparecer.

atopaches a paz, así quieto lonxe de nós?

pero sen darte conta acaricias a pel cos meus beizos percorreron
ata quedar extenuados,
oles as teas nas que nos arreboullamos amosando os dentes,
apañas o poo das lembranzas inscritas no teu ser xa alleo a min.

eu observo caer a neve, cubrirme o xesto,
encher os ocos do quente.

agardo.

eva méndez doroxo

domingo, janeiro 22

ignífuga.

neve nas pálpebras,
perforándome a dermis,
penetrando na lembranza
que esquecida, por ti, quedou conxelada
na retina dos meus sentidos.

agardan as árbores
cas miñas bágoas as reguen.
ca fervenza naza virulenta
no desxeo dun recordo aínda quente.

amósame os ollos brancos,
baleiros de sentimento,
cheos de pedras e desconcerto.

observa, con eles, a primaveira nacendo
das miñas cuncas cheas de xeo,
polas que o pasar do tempo
tan só há deixar o teu esquecemento.


eva méndez doroxo

quarta-feira, novembro 16

tránsito.

hoxe asistín ao meu enterro.
non había naide.

a frialdade do meu corpo
loitando contra as xélidas paredes que me contiñan.

fora,
o silencio dos que fumos esquecidos.

eva méndez doroxo.

quinta-feira, setembro 15

novamente ti.

enfundada na incerdidume, médrame, na gorxa, desesperación dun berro. conteño, tres segundos, a identidade e exploto de forma insensible. espaida en anacos de existencia controlada, limpo os restos de tinta dos meus órganos. atrapada no silencio, estoupanme os tímpanos o oirte pronunciar o meu nome. eva méndez doroxo

sexta-feira, agosto 12

hipoteca: impagos.

calculo o prezo das palabras,
cada letra un minuto de vida,
cada frase unha nova morte.

dasme testemuña das miñas débedas,
anotachelas todas nun silencio
que me desgarrou a larinxe.

incrementaches valor
a costa das miñas lerias,
infinitas verbas co encheron todo,
ata secarme por dentro
e arruinarme por fora.

eva méndez doroxo.

segunda-feira, julho 18

excomunión das pegas.

na confusión da noite,
cólaste polos poros dunha incertidume
que me asfixia.

o esquelete da confusión árdeme baixo os músculos,
enfurrúxaseme o peito o ver as pegadas na miña pel.

cómo entender as verbas,
cómo comprender os feitos,
cómo espetar un berro se xa non me queda alento.

eva méndez doroxo

quinta-feira, junho 9

luz

refráctasteme dende a pel ao universo,
dende os poros ao mollo,
dende o silencio á dor.

no teu ollar difraccionado, vivo,
invisible ao reflexo das cavidades que me proxectan.

agardo, na noite inachegable,
que rotemos paralelos,
en sentido inverso,
para que nos polaricemos sexaxesimalmente.

eva méndez doroxo

sábado, maio 7

viaxes infinitas

pérdeste nas sésegas dun contorno de muller,
pendurado, entre elas, áchote,
aínda mollado dos encontros anteriores.

fíltrasteme polas costuras,
sen pudor nin medo desprázaste polas liñas prohibidas,
e con dubitativas falaceas atesourasme nos teus beizos.

agardo que as telas non se desintegren,
cando descubra, de novo, o teu ollar na treboada.

eva méndez doroxo

segunda-feira, janeiro 24

quincalla

nas caricias silenciosas que debuxo nos teus xestos,
intentas explicarme cada palabra túa
nun nó de miradas incomprensibles.

accédote polos beizos mollados,
cando os depositas na miña pel desconfiada.

imaxínote cando os ollos non poden verte
e o ollar pérdese nun diálogo infinito,
baixo a brétema dos interrogantes
que algún día ceibarás ao lume.

non me coñeces e escápasme,
acumulas quilómetros de verbas
para apartarme do teu alento,
das túas caricias,
do teu pensamento.
e eu,
ancorada nas lembranzas da túa pel,
dos nosos soños,
agardo saber se algún día
arrincaranme as túas maus deste cautiverio.

eva méndez doroxo

quarta-feira, janeiro 5

reflexións de tartaruga

acostumada a reptar nas profundides do inconsciente,
sorpréndesme coas verbas explícitas.

os agarimos íspenme do medo,
artellan unha rede na que precipitarme,
malgama de sons e texturas
na que perderme é unha experiencía utópica.

quero formar parte das pegadas
dos pasos que facemos
agora sen paus nin rodas,
só cos pes espidos do que é sinxelo de novo.

eva méndez doroxo

sábado, novembro 13

as de copas

mordo as follas na frialdade da noite.
vocalizo as sílabas do teu nome,
impronunciable viaxe ao fondo de ti.

mordo os beizos na incertidume.
afondas na carne,
lambes as tebras da insumisusión
mentres me corrompo coa túa esencia.

mordo.

eva méndez doroxo

quinta-feira, outubro 7

hobbit

informo:
as novidades pesquisanse na incetidume
aquelo que alguén designou como caos.

reitero:
esqueceme, fuxe,
corre máis alá das miñas verbas,
dos agarimos que desexas e sigue ceibe,
o teu camiño inexplorado.

afirmo:
a reiteración faime demo e musa,
convirtete es escolma de paixón,
en rasurado ser do inconsciente.

eva méndez doroxo

domingo, julho 18

pronóstico reservado

escama a escama sucédome na túa pel anfibia.
rastreámonos angorde, desconfíados.
reptil e anfibio, mostruos baixo a auga,
humanos fronte o espello.

perdo a cordura, esquecéndome da miña forma, en teus beizos.
aprendo a ser eu aínda que me percorran as túas falanxes.

ollásme no ritual transformador,
humana-montruo-humana,
monstruo-humano-muller.

eva méndez doroxo

sexta-feira, julho 16

volta da concubina da morte

familiarizada coa morte,
xogo,
no fío da navalla,
entrego o meu sangue ritual,
extírpome os ollos e os beizos,
achégase o clímax da noite,
sen accesorios, entrégome a ti.

eva méndez doroxo

quinta-feira, julho 1

esparrixidor

as puntas do cabo do mundo achéganse,
sintoas entrara na porosidade efímera
dos recordos,
aqueles, nos que os dedos percorrían os beizos.

énchome de materia sol para explatar
nas bágoas contidas dos teus ollos de cristal.

formulado está o eixo a ningunha parte,
amarte é, a inversa do grosor dun pensamento.

eva méndez doroxo

quinta-feira, junho 17

juglar

tornasolado pola lúa
es o espexismo de ti mesmo,
unha forma eterea na imaxinación do verbo.

rapsoda agónico
baixa as telas todas desta cidade,
anhelas o quente deste corpo presente
que abandoaches no chan.

dignificas as túas miserias
co silencio preciso,
ese, que fai ca mente se represente,
antes, nunca e despois da caida do medo.

eva méndez doroxo

quarta-feira, junho 2

contraposición

os versos imposibles,
adicta a eles.
as frases impronunciables,
fanática nelas.
os bicos indescriptíbles,
formo parte de cada instante
de beizos humidos,
de bocas salvaxes, doces, mornas.
a penunbra meláncolica,
existe dentro das células que me definen.

eva méndez doroxo

segunda-feira, maio 31

outras mulleres

pel,
teixido tatuado,
kilómetros de suavidade
na que esquecer
a propia identidade.

luz,
micropuntos proxectados,
velocidade na que transportarme
a un mundo de infinitas caricias.

eva méndez doroxo

terça-feira, maio 25

hate me

imperfeccións.
liñas que se desconfiguran ao acaricialas.
nomes propios esquecidos
baixo un exército de detalles.
nos beizos, ron.
na lingua, gramos de ti.

eva méndez doroxo

sexta-feira, maio 21

puntos cardinais

as ondas achéganme ao fin.
resurrección do esquecido,
pronóstico reservado,
mutilación da feminidade.
responsable: eu.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats