Mostrar mensagens com a etiqueta sorbete de landras.. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta sorbete de landras.. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, novembro 8

castañas e fume.

o resto do tempo é para ti.

sendo capaz de experimentar
a presión irracional da túa levedade
aparento entender cada segundo
das imaxes que me perforas.

indagas no meu iris para saber que penso,
pero son experta neste xogo das mediocridades,
non esperes adiviñarme,
imposible antepor os pronomes.

sen dúbidas asino este contrato
de peles molladas,
máis, noutro momento, escapei e escapo.

lonxe estou destes intentos nosos por ser serpes un do outro.

eva méndez doroxo

sábado, setembro 27

granotes a la pantxa.

no imagino els dits recorrent altre destí que el teu cos.

infinito ser de peregrina incertidume,
na que mergullo a lingua sen saberche o fondo.

comparteixo els badalls d'absència, de nits de llengües mortes,
de pells perdudes...

....agardando beizos salvaxes que non ollen o meu contorno amorfo,
a miña espida deformidade,
e sepan devorarme co medo de quen se sabe observado,
nun desexo tormentoso que queima,  esmaga, aterra!.



eva méndez doroxo

terça-feira, junho 10

do libro dos mortos: capítulo 3

atopeinte no peto dun vello abrigo chamado lembranzas.
esquecérate, 
pero os medos enrredados no teu pelo fixéronme recoñecerte:
cruel, asfixiante, incompleto.

tiveches fillos.
pequenos seres de sal,
aniñaron neste abrigo e pesan.

aliméntaste das miserias doutras mentes, 
esas ás que non poideches doblegar coa túa verba de xeo.

e aquí estou, 
contemplándote,
espido, cuidando das ninfas sen eclosionar que te farán eterno.

vexo o medo en ti,
agora vexoo, sintoo, cheiroo,
e arrincoo da dermis do meu colo,
abortoo con profunda espiración,
sorrindo escandalosa.

o lume,
única solución para nós, 
arder vos: pai e larvas,
queimar as lembranzas para esquecer que esquecera decirche que non existes.

eva méndez doroxo

quinta-feira, abril 26

xiculate, churros e cravos.

mollada na complicidade dunha cama, esperto.
formo parte das sésegas da tea,
do infinito dun agarimo desexado,
dunha elíptica forma de nós.

aproveitamos as horas,
nas que os silencios nos deboran,
para enchernos de pedras e así non estar famentos
cando as lembranzas desaparezan
dando paso á fartura de realidade.

mollado no alleo dun sorriso, espértote.

eva méndez doroxo

quarta-feira, abril 11

muros de carga.

emerxo coa virulencia do fenix
dentre a escravitude do teu corpo.
infrinxo as normas para  reterte na concavidade
da miña brancura,
a que, ata hai nada, admirabas,
na que, ata onte, dibuxabas as liñas curvas
doutras ninfas.

esnaquizada baixo a tensión dos teus beizos,
arrebato o xemido,
o berro,
a furia desta nova gaiola na que me atesouras.

a luz esbara pola corteza dos meus sentidos,
pérdome, na brétema, dos teus ollos,
e volto, novamente a afondar no lume
dun novo nacemento.

eva méndez doroxo.

segunda-feira, abril 9

transitando a Fernanda Takai.

"Sempre so
Eu vivo procurando alguém
Que sofra como eu tambén
Mas nao consigo achar ninguem."

afondo na mistura que se esconde
tra-los movementos dunha pel axitada.
quero formar parte da néboa,
para percorrente na invisibilidade
duns dedos aínda sen xeito,
afeitos a corpos máis esquivos
nos que os beizos berran outros nomes.

eva méndez doroxo

sexta-feira, novembro 18

banquete de ninfas.


caes eterno nas sutilezas doutras ninfas,
percorres con tolemia os seus beizos,
morres nunha pel non tan allea.

a maxía levoute preso dunha versión distorsionada de realidade.
observo a dor no meu peito,
nas miñas maus desertas,
nos cantis deste corpo que me contivo e que xa non consigue reterme.

como unha pantasma persigo as pegadas desas ninfas desexadas,
deses corpos xélidos nos que fun perdendo, sen sabelo,
a posibilidade dunha historia ficticia que me aproximase á liberdade.

ti, inxenuo cazador de negacións eternas,
agardas, no camín, para ser deborado polas paixóns dunha ninfa,
que, tal vez, algún dia contivese a miña esencia.

eva méndez doroxo.

1978.


quero saber, neste intre, se as túas maus me recordan.
investigar se as falanxes inquedas coas que me percorríches,
xa non distinguen o camín  cara a miña inconciencia.

debezo por entrar nas estradas do teu organismo,
fundirme co lume da túa negación
e aventurarme nos orgános que me rexeitan.

descubrín co teu cérebro é a fortaleza do covarde,
a eterna trampa de quen antes de ser ferido fere,
porque a nada debastouno todo fora dos teixidos.

tézome entre as fibras para poder esquecer que algún día existín,
que fun existida.

eva méndez doroxo.

Free Counter and Web Stats