Remexo o absurdo da miña existencia.
Recluída, entre os brazos leñosos dunha árbore a modo de gaiola, alongo os dedos para tocar a realidade prismática.
Percorro o asfalto con pes de sal, sorteando as chorcas de bágoas que borran as miñas pegádas. Dolorosa peregrinaxe á Meca do coñecemento, da sabiduria segreda, a que algunha mulleres recolectaron ao principio dos tempos.
No momento que saímos de Urano para trazarnos simétricas unha división correcta entre o descoñecido e o que non se debe compartir nos bosques de incertidume.
"o futuro é unha astronave que intentamos pilotar, non ten tempo, nin piedade, nin ten hora de chegar."
eva méndez doroxo
sexta-feira, fevereiro 20
segunda-feira, fevereiro 16
Contraportada de min mesma
Invádeme o cheiro á hipocresia humana. Unha desagradable olor que se filtra polas fosas nasais e vai penetrando imparable nos meus teixidos, transformando as células virxes e saturando o meu cerebro.
Correspóndome con cada intuición polivalente e irritante. Non pretendo ser a indomable, xa non son Lilith, nin a inconformista, tampouco a virxe suicida. Son a indiferente e apática estación na que pararte a esperar o transporte que te achegue ao teu destín.
Albergo soños dentro deste corpo, pero o peso das contradiccions fíxome esquecer quen son, o meu nome sagrado.
A pesquisa deixoume sen forzas, pero descubrín que non son libre. Hai unha malgama de fíos entretecéndose ao meu redor, eu estou no centro, invisible e desmemoriada.
Repaso a listaxe de coñecemento para poder atopar a fisura pola que filtrarme e desaparecer.
O fanatismo imponse con firmeza na miña pel. Salto dun lugar chamado cama, ardo nas paixóns que descoñecen límites.
Refuxiada nuns beizos que aínda non coñezo, ou que esquecín con meu nome, pretendo escribir columnas de letras con sentido pictórico.
A beleza non está no que ollea, nin na sensibilidade do ca crea; está na memoria de quen pudo tocala.
Dámonos a mau, acto sistematico de peche, despedida, ausencia de agarimo, infortunio, hermetismo e seguridade absoluta de que as barreiras non foron traspasadas. Sorrimos hipócritas en xesto de amizade e seguimos camiños paralelos que as veces se cruzan.
¿Lembras o meu nome?.

sexta-feira, fevereiro 13
dor de barriga
desapareciches entre os vapores do meu corpo en combustión.
rastreo os mapas nos que deixaches pegadas, mais cando te avisto, desapareces.
ando á deriva, perdida nas latitudes dos teus dedos.
reprimo o abatimento funcional que me desplaça na tempesta de electrons,
somos máscaras neutras que se ollean dende a distancia da lembranza.
seguimos nosos rumbos inalterables ao cheiro das nosas bocas en dialogo horizontal.

segunda-feira, fevereiro 9
prácticas de tiro
na revolución dos dias arrastro as pegadas dun deserto de incerteça.
caçadora furtiva do infinito inferno,
no que alçarme sonámbula coas maus cheas de sangue.
tabilhona

quinta-feira, fevereiro 5
atérrame
as críticas. éncho a caveza delas. empezo o dialogo dende o silencio: escoito.
a respiración: - penetra nas cabidades duns oidos xordos,
mira para o lonxe. criatura sen pel na que mecerme-.
superpóñome a min mesma. eclíptica e surreal.
¿oiches meus pensamentos nalgún momento?
atérrame a idea de seguir apegada a uns dedos metálicos,
hiperconductores e ríxidos que suprimen a liberdade de expresión: o silencio.
momento algorítmico de deconstrucción real. pouso os pensamentos na distacia que nos atrae.
xestiono o movimento coa lentitude de quen quere ser descuberta.

terça-feira, fevereiro 3
XXX_1
coñecémonos na mentira.
fun a condesa furtiva que busca agarimos na noite.
es a oscuridade que brila antagonica e forte,
que me atrapa entre súas incertidumes.
adicta ao túa lembranza
mollo as meixelas de púrpura,
queimo os ollos ao sol,
esquezo que nunca fun túa.

xxxx
doeme a pel nas lembranzas de teus dedos.
sinto teus beizos de mel noutra boca,
engúleme a desesperación,
teño medo a perderme no laberinto dos recordos,
atravesar o rio do esquecemento e alonxarme de min mesma.

segunda-feira, fevereiro 2
trasposición
cando as bágoas se perden entre nós
mordo os beizos mestura de zucre e sal,
ardo na polución combustible que contén os nosos corpos,
xurdo noctámbula de entre a chuvia furtiva na que nos perdíamos.

Subscrever:
Mensagens (Atom)