Mostrar mensagens com a etiqueta prato do dia. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta prato do dia. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, fevereiro 14

vellos mostruos 4.0

hai tempo que non me visitas.
afortunada e ceibe das túas ilarantes presións.
seite entregado a outro corpo,
que implica loita e sometemento,
algo que adoras.

xa non penetran en min as túas verbas esquizofrénicas,
nin os teus medos de crianza carente de corazón.

pero aínda hoxe,
ás veces,
pénsote.

dame mágoa haber traspasado o límite dos corpos
e terte deixado coñecer as debilidades do meu ser,
pois incrédula entregueinme a un sentimento egoísta,
ese que só teñen os seres pequenos,
os que implosionan a súa verdadeira natureza de mostruos,
ese que ti es,
que sigues a ser.

eva méndez doroxo

terça-feira, novembro 27

aforísmo do deserto: sinfonía en catro tempos.

intrígame saber qué pasa pola túa mente.

cando lembro o significado das verbas
que enchían, de lóxica, os xestos baileiros.

compúxen a melodía do tempo,
xuntando un anaco de xordos sentires.

sabes ben que es o monstruo
que agochado na barriga doutras letras,
vai parir unha furía-rabia contida,
para expulsarme deste, meu universo.

máis... de novo, compoño, unha sinfonía ardente,
na que saberme Deusa,
espida,
andróxina,
morna de agarimos endóxenos,
supón, simplemente, deixarte afondar noutros peitos,
a min alleos,
para que o teu ego incompetente se libere,
e more, por fin, nos infernos Dela.

eva méndez doroxo

terça-feira, julho 3

lobishomes x.x.3.

xa na hora do recollemento póstumo,
ollo, sorrinte, para as fouces dos depredadores.

cantas horas esquecida nesta cova?

agora, da man doutras musas, pensábame morta,
sen saberme aínda no outro lado.
agardei trescentas horas mortais, para velos.
sedentos, do meu sangue, oléxanme a indiferenza,
búscanme o medo,
lamben o sal da miña pel marmórea.

elas: amigas, irmás, compañeiras...
agasállanlles ouvidos e dedos,
acerriquitando as lembranzas onde eu era musa de tanto animal famento.

comenza o banquete!

eva méndez doroxo

sexta-feira, outubro 14

transversal.

arríncome a vida coa fame axitada dunha lingua allea.
esquezo a miña forma humana para arroxarme as fouces
dalgún descoñecido.

morta xa, entre os teus dedos, convulsiono esquelética e doce,
como antes de deborarme.

a incredulidade nos teus ollos atérranme.


fuches artífice, executor, do festín da miña vida,
sosteisme pueril e morno mentres es incapaz de probarme.

non son máis co manxar que desexabas,
unha muller latente, sen esperanza nin vida,
agardando a ser amada.


eva méndez doroxo









terça-feira, agosto 30

foliada dos bizolos.

adormezo engaiolada nas túas verbas.
entretecida nun nubelo de agarimos rotos,
as pálpebras descéndenme ao lugar que habitas.

vibran os metales
con cada exalación.
dilátanse as pupilas
un segundo antes de que aparezas.

adormezo engaiolada nunha melodía descoñecida.

eva méndez doroxo

terça-feira, julho 19

faro.

es o náufrago que as miñas bágoas non conseguiron afundir.
moras nalgún lugar entre a néboa e o meu ollar,
perto de abondo para que te sinta moi lonxe,
lonxe de abondo para que coles na miña lembranza,
nos meu agarimos da noite.

alumeo furtiva dende os cantís que foron refuxio
de palabras e xestos, de xemidos contidos,
de salitre e rencor,
de esquecemento e tempo.
de corpos salvaxes xogando nas ondas dun infinito efímero.

eva méndez doroxo

quarta-feira, junho 1

abandoada

atranco as forma.
imaxes, de sabores impensables,
percorren o medo a esquecerte.

suprimo os agarimos,
afondo nos ollares alleos, buscándote.

teño a boca chea de lembranzas,
de momentos nos que as bágoas se limpaban con viño doce,
e os bicos eran a fonte inacabable de vida.

habítasme,
achegandote, cada vez máis, as formas que atranquei,
levantando as llancras para escapar de min.

eva méndez doroxo

sexta-feira, abril 1

recetario: para ti.

tampouco pretendo que me entendas.
confórmome, simplemente, con que as miñas verbas
penetren a túa dermis.
que cando os ollos se aproximen á vixilia,
o sangue che bombee a miña voz por todo o corpo.
só intento que ao espertar,
cando a túa mau me busque morriñenta,
a túa boca se seque atónita por non terme.
quero, novamente, que descubras o que significo,
lonxe e perto dos teus beizos,
superficial ou fonda no teu peito,
pero lembra, o único que non pretendo é que me entendas.

eva méndez doroxo

quinta-feira, março 24

cartas de despedida 7 e 9.

internamente,
na compilación dos corpos, suxiro.

afastándome a humidade da boca,
lentamente,
existo.

con redención asfixiante amaño o pelo,
antes de esquecer, completamente, a túa carne,
o teu suor, as túas mans,
o sabor a liberdade nas nosas linguas entretecidas.

non existes na miña memoria.

a miña pel espiuse de ti.
non lembro o teu nome
nin a túa cama.

escapáchesme do sangue
inflamando as miñas lembranzas.

eva méndez doroxo

sexta-feira, março 18

chamadas perdidas

escarbo nas feridas que como cantís se abren na perplexidade da miña pel.
agochado, nas fíascas do esquecemento, agarda o teu recordo,
o das bocas descoñecidas e os desexos infinitos,
aquel que lonxe me queda cando me ollas invisible baixo o microscopio da indiferencia.
inventáchesme e agora, cando a gravedade me aproxima ao chan, ignoras cada minuto do meu alento.
penso que non existía antes, cando as túas mans e as túas verbas me moldeaban con tino, unindo os pedazos co tempo espaiara alén do meu cosmos.
síntome rota nesta nova vida.
son un proxecto de musa,
unha lembranza líquida fronte o reflexo dun segundo que non vin acontecer.

eva méndez doroxo

quinta-feira, agosto 19

gris

delicada lingua,
ardentes beizos,
monstruosos ollos,
insondable corpo que me atrapa e me atesoura.

decepción animal,
tornasoladas lembranzas,
na tela, sobre e baixo dela.
suspendidos interrogantes,
extremidades ausentes,
bágoas de sal petrifican nas meixelas,
onde antes florecias,
agochanse as pantasmas agora.

regurxitan os corvos un pedazo de nós,
na inseguridade da frágil monotonía,
agardando a morte.

eva méndez doroxo

escoitando One Summer Day. Joe Hisaishi.

sexta-feira, julho 9

quantes hores haig d'esperar-te?

sento la frescor del teu alé
més enllà de la porositat que em conforma.
el misteri s'aproxima amb reptil subtileça,
ple d'errates i incongruencies.
l'espit de saber-te a prop
traiciona la meva cadencia,
fent-me descubrir-me els ulls,
mirall en el que els reflexos
deformen la realitat orbitant.

nosaltres, els ciborgs, no pretenem substituir
la mundana correcció orgànica,
tan sols, sentir-vos dins nostre,
en el vostre interior mostrar-nos
i formar part de l'éssencia vaporossa de l'alé
de qui abans i ara em penetra silenciós.

eva méndez doroxo

quinta-feira, julho 8

catarsis troquelada

confrontanse as imaxes calidoscopias da imaxinación imperante,
significados oblicuos de configuración asimétrica.

tornáste imaxe difusa entre os watios de sudor,
alonxados do cosmos,
formámos un novo universo de agarimos distantes.

exaltación do productivo,
contaminación do plasma,
supresión de intelixencia.

eva méndez doroxo

terça-feira, julho 6

a_polític_a

sin ser unha malgama de cemento e ferro
axústome á estética cidadá.
un peón na estrada,
unha vella no fondo do mar,
algo no ar que nos fai soñar
que a vida sen soños é a realidade
do estranxeiro.

eva méndez doroxo

quarta-feira, maio 19

agónica

desgárrasme a pel con palabras que non comprendo.
ábresme o peito,
fúxes coa miña esencia entre túas maus.
sangro bágoas sen sal,
seca de min,
pétrea obserbo como desapareces tras o po,
acompañado de min.

eva méndez doroxo

sexta-feira, abril 23

K_ serie non numerada P

non esquecín,
non entendín,
non adormecín, meu vicio de ti.

parece que meu corpo non esquece,
mordo as telas,
arrabuño o alento,
compoño a mística sorrindo ao sabor da miña memória.

resistirme inqueda podería,
máis prefiro deixarme túa, neste vicio de ti.

eva méndez doroxo

terça-feira, abril 20

K_ serie non numerada

comerte, sen pausa,
ata saciarme,
(posibilidade da linguaxe)
para convertirme na presa da túa pel infinita.

moldearte na boca,
incontrolable fervenza de pracer,
mistura de picantes,
explosión de sabor.

sorprenderte ambiguo,
nas dúbidas dos meus ollos,
predadores insaciables de ti.

eva méndez doroxo

segunda-feira, março 29

dixitación

se a palabra escrita poidese mudar de forma,
tornándome peregrina da inconciencia,
voltaríame tipografia suave,
letra insignificante,
verbo, simplemente.

constituiría un mundo en liñas
onde o significado, resultase coherente,
froito da unión amorosa destas letras.

singularidade expresa nunha vida profana,
nunha folla, nunha pantalla, nunha cuncha,
na túa pel.

eva méndez doroxo

quarta-feira, março 17

mudaron os criterios

o paso do tempo é, sen dubidalo,
a cadea que xulga,
o dedo que apunta,
os agarimos esquecidos.

mudaron os criterios,
me dixeches mentres pechabas a porta
do que un segundo antes
era algo máis ca miña vida.

non comprendo,
acato.
non renego,
agardo.
non berro,
recito, para cando novamente, muden os criterios.

eva méndez doroxo

quinta-feira, fevereiro 4

cortisona

o reflexo do que fun,
as cinzas da miña existencia no mundo dos bípedos,
o retallado alento entre as plumas da cama,
unha fíasca de luz brilando nos teus ollos.

existín noutro tempo,
entre outros brazos.
cando os beizos queimaban a pel,
transportándome ao cosmos.

agora, xa vella, son a casca dunha muller.
o fondo dunha identidade perdida na néboa.
fuxiches de nós, levandote o significado da vida.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats