chámame larpeira por fundir meu fudiño no zucre que te compón.
castra cada segundo anterior-posterior-ausente que dignifica o motor que nos achega.
máis non me negues nunca,
non suprimas a eséncia,
non pretendas ser outra.
existimos no intercambio carnívoro de nosas necesidades víricas.
co medo enganchado a un corpo que non nos pertence, que endexamáis será noso.
chámame larpeira e corre, tras do lume, caramelizarte en meus beizos.
eva méndez doroxo
terça-feira, setembro 29
horas
levito no reflexo do teu ollar.
os teixidos evapóranse baixo nosas linguas,
conductos inexplorados para os vehículos das maus.
acaricio as prohibicións,
parámetros sen fin nos cos meus dedos se perden pre atoparte inmóbil ao final deles.
o nerviosismo supúraseme na pel,
mentres, ti, eclíptico derramas túa inconciencia sobre meu vagar.

pequenas doses
no trobo la resposta dins l'univers eteri que em reprèn com si fos una fada a disseccionar sota l'atenta mirada del col·leccionista d'insectes.
m'obren el pit per extreure'n l'insignificança.
la pressió sobre els meus músculs es fa insuportable i esclato en un milió doscents mil bocins de mi mateixa.
l'essència d'una dona és la fórmula matemàtica que s'extreu d'esprémer cada una de les inquietuds de la seva historia.
l'obsessió de l'ésser humà no és més que l'indiferencia absoluta.
la manca d'identitat,
comunico la meva imperfecció als ulls científics que analitzen l'alteració rítmica de les meves constants.
sóc l'eficiència absoluta de la gravetat humana, la extrapolació del caos, la paraula no inventada.

segunda-feira, setembro 28
cortar-pegar
arrinquein os ollos.
marchei espida.
conducir o mar baixo os pes.
suspirar, angorde, a derradeira nota fosforescente.
tócasme dende a irrealidade dos ollos sangrantes en miñas maus de seda.
tabilhona

sexta-feira, setembro 18
medo
apodéraste dos meus teixidos acuosos.
quero pechar os ollos.
sentir ca miña corporeidade se funde co irreal.
non voltar a ser eu.
desexo cos pedazos do pasado,
a impresión irracional de experiencias se borre.
morro para non sentirte en min,
obrigada a alonxarte,
aparto as lembranzas e cuspo indiferencia.
ansias de non terte coñecido.
aínda así estás,
es.
existes en todas as células que me compoñen, na memoria xenética da arquitectura toda.
escapar de ti é a deconstrucción da existencia,
retroceder en e sobre min para impregnarme de descoñecemento: sabia sagrada que fervendo anhelo.

quarta-feira, setembro 2
alteracions: para cuarteto de corta
engulidos polas baleas subterráneas trasladámonos.
movementos tácitos,
pequena regurxitación de personalides mornas.
ollámonos andróxinos,
esforzamos un sorrir: herencia directa dunha amizade ilusoria.
sorprendémonos entre as costelas férreas das baleas que nos conteñen.
o son metálico dos dentes expirando un cántico premortuorio.
nós dentro delas,
iluminados coa decadente luz do pasado,
mármoreas estatuas,
esqueletes psicolóxicos dunha época.
vexo o ollo brilar alén de min,
respiro ingrávida unha conciencia que me é allea,
sei que un dia voltarei a ter o sol quente entre meus dedos, sen queimar-me...
inspiro o fin.

Subscrever:
Mensagens (Atom)