Mostrar mensagens com a etiqueta postres de mel. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta postres de mel. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, maio 16

de abellas e mel.

na infinita circunferencia do teu corpo enxameo.
fago o niño no teu peito,
agardo, en silencio, o alimento do teu latexo.
mollando o bico amaño as escamas,
alporizo ás de soños rotos
e agardo, de novo, unha fíasca de ti.

os ollos multifacetados esquecen e verten
anacos desta existencia húmeda que nos conforma.

na infinita circunferencia do teu corpo enxameo.


eva méndez doroxo

quarta-feira, abril 11

bioloxía dun pensamento.

mollo os beizos nas formas das túas palabras,
agardando non ser descuberta
nunha fugaz amnesia dos sentidos.

como angorde,
saboreando cada anaco de ti,
procurando que non vexas
o sorriso que esperta cada bocado.

en rematando,
ollas as miñas branduras,
e, paciente, nomeas
cada momento desta pel
que sen sabelo te desexa.

eva méndez doroxo.

sexta-feira, novembro 11

intrumentos de corda: greixa.

mollada pola incertidume,
encamíñome pola estrada da túa pel,
deixo o coiro contra ela,
agardo ca fricción nos faga vibrar,
artello un xeito imposible de non pisar
a liña continua que te separa dos outros.

exhausto, sorris,
agochas o medo entre os meus peitos,
e rexurdes con inxenua convicción sudorífica.

temos o tempo xusto,
os segundos da intensidade non vivida,
a fortuna de non existir.

eva méndez doroxo.

quinta-feira, setembro 29

euforia.

árdesme. exhausta afógote entre as miñas dúbidas, os medos érguense, as lembranzas queimanme a pel. sinto a dor nas miñas xemas ao acaricirte, os meus beizos espeléxanse ao percorrerte, árdesme, árdesme, árdesme. eva méndez doroxo

terça-feira, setembro 13

sonata.

resístome aos teus beizos,
á cadea dos teus dedos,
ao insensato de ser túa.

son un nubelo de desexo,
unha fervenza descontrolada
que arrasa a túa pel, morna,
con aguda fame líquida.

afondas nun espacio, indeterminado,
da miña confusión,
entre as pernas e a cabeza,
no neal da paixón.

eva méndez doroxo.

segunda-feira, setembro 12

Barcelona m'esborrona.

filtrado, polos espazos que deixo,
agarimas os meus recunchos.
hipnotizada, entre os teus beizos,
camiño polos quilometros de pel
que separan o suor e a tela.
mergullados no eclipse dos corpos,
sen máis misterios cos nosos silencios,
aproximamos a lingua a un padal descoñecido,
para convertirnos, de novo, en vapores doutros tempos.

eva méndez doroxo

sexta-feira, agosto 12

túa.

absurda, na noite,
atópome, espida, no teu ollar brilante.
agocho o fucín entre os teus vapores,
absorvo o alento que me percorre.

infliltrado na miña pel,
atravesas o deserto da indiferencia,
para repostar, exhausto, no oasis dos meus peitos.
aínda axitados pola viaxe,
ollámonos, desconcertados, nunha derradeira exhalación de morte.

eva méndez doroxo

quarta-feira, julho 6

progresión armónica.

ólesme a pan quente cando desenveleñas os meus sentidos.
contraense as verbas en profundos diftóngos,
sen puntos nin comas agardo que invadas a intimidade
dos sons irreverentes.

comunico, con signos, no idioma que entendes,
o das papilas gustativas,
o das glándulas sudoríperas,
o dos teixidos conectivos.

ólesme a pan quente cando te sinto camiñar pola miña pel.

eva méndez doroxo

segunda-feira, julho 4

cancro.

comín, a xiculate, dos teus beizos.
fun devorada pola furtividade dos teus alentos,
embebémonos na concavidade dun silencio.

depositados no fondo dunha lembranza,
suspendidos polas bágoas da incertidume,
só a distancia nos achega aos banquetes
de agarimos, encubertos, en padals humidos.

eva méndez doroxo

sábado, abril 23

Sant Jordis d'ahir i d'avui.

enyoro la musicalitat del nostre cos entrellaçat,
de les teves mans, mullades, passant les pàgines,
mentres en silenci, em llegies la pell.

enyoro les mossegades d'unes dents desconegudes
que em traspasaven l'ànima com si fosin espines
d'una pasió, que em va fer adicta als colors que la gent no pot tocar.

enyoro que els nostres ulls abdiquessin furiosos
quan les paraules queien d'una muntanya de lletres,
insignificant sota les nostres parpelles,
i tot i això enyoro, simplement, escoltar les nostres pases sota la pluja,
sobre el mosaic petri d'una ciutat en construcció,
la que varem abandonar per viure la nostre vida.

eva méndez doroxo

quinta-feira, abril 7

subversiva.

pendurado nos meus beizos,
áchaste cada mañá.
latente e agarimoso,
desexas que a miña exitación
descubra que me observas.
prometo ser túa na noite,
cando os ollares durman,
pero non pretendas
que a clandestinidade o encha todo.

eva méndez doroxo.

quarta-feira, abril 6

de banquetes: ref. 347.

esgoto os sabores despois do noso encontro.
segues pendurado na miña boca,
as papilas bombéanme a túa esencia,
o padal comprime a lingua coa esperanza de non deixarte ir.

fecho os ollos,
trago, angorde, a saliva que te contén,
e alongo os segundos para facerte eterno.

eva méndez doroxo

quinta-feira, março 17

del quadern de les obsesions: blanc.

et somio en els colors del ahir,
de quan els teus llavis vigilaven les meves pors,
i les llengues, verges de records encara,
s'enfonsaven en la dramàtica tasca d'acomiadar-se,
un matí rere d'altre.
sense treva les caricies lluitaven
en la nostalgia d'unes pells transparents,
les que ara enyorem entre les boires
d'un somni incandescent.

eva méndez doroxo

quarta-feira, março 16

i_dioma

desexo ser contida na túa boca,
pronunciada coa túa lingua,
que me expulses angorde.

desexo ser a verba que aniquilas contra o padal,
fronte os dentos.
morrer unha e mil veces nos teus beizos,
acharme espida, novamente, na túa saliva.

eva méndez doroxo

domingo, março 13

as mulleres todas

eterea liña dos desdebuxados peitos dunha muller
filtrada entre os meus dedos de musa.
vérteme a súa turxencia angosta,
esquecida xa polos homes,
admirada na boca ceibe desta muller que declama.

afondo nas difuminadas cores do impreciso,
acaricio a morriñenta idade das lembranzas
e agocho a vergonza de adorar o corpo
humido que me contempla,
quente e vivo,
desexoso, impúdico.

eva méndez doroxo

quinta-feira, fevereiro 17

flocs de nosaltres

m'invaeix la fragancia gélida del llavis absets.
pels porus se'm filtra l'excés de nosaltres,
les humides particules del material que ens contenia,
la forma petrea de l'alé contingut,
batent de tú.

eva méndez doroxo

quarta-feira, fevereiro 16

carta de entrantes.

vestida coas paixons efímeras
desando a distancia do tempo
para agochar as miñas branduras
no ferro dun encontro aprendido.

morriñenta, a tela, desfaiseme a cada paso,
amosando o banquente que agarda
para ser aderezado coas especias
dun ollar vaporoso,
antes de que ela, a tela, o descubra por completo.

eva méndez doroxo

quarta-feira, fevereiro 9

recorda'm

quan les teves mans s'enfonsen
en la foscor de les meves formes,
el temps s'atura,
els segons es transformen en milímetres,
les caricies en hores,
la pell en dunes del desert d'un silenci
que es fa etern entre els gemecs
de les agulles del rellotge.

eva méndez doroxo
(escoltant infinite excursions)

domingo, dezembro 19

clasicos á carta

segundos de pel abalánzase nas miñas papílas,
o sabor a limón imprégname.
alíñasme con un pouco de sal,
un pouco de mel,
algo de ti.

horas de voz tremen nas nosas extremidades
afogados suspiros entre verbas descoñecidas,
bocas molladas,
linguas quentes,
algo de min.

eva méndez doroxo

segunda-feira, novembro 29

nós

nós.
danza invisible das liguas.

nós,
son percutivo baixo as telas.

nós.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats