sábado, abril 30

dialogo de días de chuvia.

detense o tempo baixo as pálpebras molladas do noso dialogo.
mudos, ante a liquosidade do noso pensamento,
informamos aos curiosos de que non sempre
imos pensar calados.

namorados dun agarimo indómito,
berramos, novamente mudos,
a esencia da dor contida,
a de estar separados, neste intre, do que, as veces, pensamos.

e non son eu a palabra,
nin ti, por descontado, o verbo,
pero xuntos predicamos, neste deserto de tela,
no que a noite persigue ao día,
para que, agochados, deteñamos o tempo,
baixo as pálpebras,
mollados.

eva méndez doroxo

quinta-feira, abril 28

corcheas

desentégranse os bicos baixo a néboa.
non lembro o sabor da túa pel,
esquecín o salitre da miña lingua
emerxendo do mar das túas caricias.
profunda e fría agardo co sol
me reviva entre os teus brazos.

eva méndez doroxo

domingo, abril 24

os camiñantes nocturnos

téñote gardado nunha caixa,
aquela de brilantes cores na que, as veces,
enredabas.

lévote pechado nese espazo
que algúns chaman soños,
o lugar onde as ilusións xogan ceibes cos desexos
para aniñar no peto onde, como xa che dixen, gardo a túa caixa.

transporto, con escaso traballo,
a rede de pensamentos alleos,
o liño vello no que xogabas a ser ti mesmo,
a forma do que lembro que eramos antes de meterte na caixa,
esa, que chea de cores brilantes, afastei da vista durante séculos,
aquela onde te escondiches de min un día para non saír nunca máis.

pero con todo, eu sigo pintandoa de cores novos,
por si tal vez, un día, cando dormida me aches,
te atrevas, novamente, a escalar as paredes e saírme do peto,
meterte na cama e ollar para a caixa de xoguete na que gardarme.

eva méndez doroxo

sábado, abril 23

Sant Jordis d'ahir i d'avui.

enyoro la musicalitat del nostre cos entrellaçat,
de les teves mans, mullades, passant les pàgines,
mentres en silenci, em llegies la pell.

enyoro les mossegades d'unes dents desconegudes
que em traspasaven l'ànima com si fosin espines
d'una pasió, que em va fer adicta als colors que la gent no pot tocar.

enyoro que els nostres ulls abdiquessin furiosos
quan les paraules queien d'una muntanya de lletres,
insignificant sota les nostres parpelles,
i tot i això enyoro, simplement, escoltar les nostres pases sota la pluja,
sobre el mosaic petri d'una ciutat en construcció,
la que varem abandonar per viure la nostre vida.

eva méndez doroxo

quarta-feira, abril 20

viaxeiro sen forma.

deseño as formas do verbo
no lenzo da túa epiderme,
a que non acho alén das miñas lembranzas.
fuches o visitante nocturno,
o viaxeiro incansable,
aquel que cando as pálpebras pesan,
se filtra polo humor vítreo con pés de la.

comparto coa chuvia todos os pensamentos,
para que se regresas a min,
poda acollerte virxe de palabras,
sen tesouros no peto,
e cos ollos pechos.

eva méndez doroxo

novamente

volto a sentir o teu alento
na miña memória.
a pel encóllese cando transpiras
por ela.
afoga a tela calquer desexo anterior,
novamente vivo na morte eterna dos teus brazos.
como un vello amante visitasme sixiloso
e cando creo que non existes
rachasme a ialma en infinitos anacos
para que nesa pesquisa eterna
sepa dunha e para sempre que nunca
estiveches a máis de tres milímetros de min.

eva méndez doroxo

quarta-feira, abril 13

insurxente

cando a tensión do teu corpo
me atrapa entre a pel e as telas,
agocho os desexos entre a humidade
das palabras e o incoloro dos berros.

tampouco fomos libres antes,
como para que neste acto
todo quede sen cadeas.

rexistro os petos en busca de forza,
pero segues aplicandóme o alento,
esmorecendo a miña conciencia,
dobregando o meu pensamento,
inflamando cada célula deste ser
que fuxe do meu corpo.

cando a tensión do teu corpo
me atopa, a pel vóltase eterna.

eva méndez doroxo

sexta-feira, abril 8

locucións

contida, nun alento eterno,
as conclusións aterécenme no peito.
desprázome pola liña da cordura,
con axilidade felina,
esquivando as formas do pensamento,
agochando cada fíasca de min.

do outro lado, os ollos.
as miradas efímeras que me xulgan,
as bocas fechadas que me internan,
sen sabelo,
nun universo propio do que xa non podo escapar.

eva méndez doroxo

quinta-feira, abril 7

subversiva.

pendurado nos meus beizos,
áchaste cada mañá.
latente e agarimoso,
desexas que a miña exitación
descubra que me observas.
prometo ser túa na noite,
cando os ollares durman,
pero non pretendas
que a clandestinidade o encha todo.

eva méndez doroxo.

quarta-feira, abril 6

de banquetes: ref. 347.

esgoto os sabores despois do noso encontro.
segues pendurado na miña boca,
as papilas bombéanme a túa esencia,
o padal comprime a lingua coa esperanza de non deixarte ir.

fecho os ollos,
trago, angorde, a saliva que te contén,
e alongo os segundos para facerte eterno.

eva méndez doroxo

costureiro.

sen remordementos achégome.
deixei os medos na porta,
espínme de palabras eternas
e botei por riba o abrigo das miradas.

a miña lingua está inqueda,
non lembra o significado do silencio
cando o teu corpo non está lonxe.

abanzo sixilosa polas túas estancias,
nas que ciumento gardas o pasado,
nas que escéptico observas o presente,
nas que con perigo evitas o futuro.

abandoei as máscaras dos meus tempos
nos recunchos destos pasos,
amósome vulnerable ante a túa incertidume violenta.

avísasme da morte cos teus ollos,
pero eu, que escapei do medo, non advirto os avisos
ca túa boca me berra con intensidade muda.

deslizo os meus dedos pola túa rabia,
bico a túa incontinencia,
entrégome á ardúa tarefa de amarte.

eva méndez doroxo

terça-feira, abril 5

litografía dun adeus

quedei aberta.
polos furcos escápaseme a vida.

ti, pétreo, agardas cos feitos se calmen,
óllasme sen verme.

cada gota de sangue que abdíca do meu corpo,
aniña na eterna despedida dos amantes.

oscura, entre a neboa dos pensamentos,
imaxino que as feridas non son fondas,
érgome no derradeiro alento,
e crávoche con forza o meu corazón no peito.

eva méndez doroxo

sexta-feira, abril 1

recetario: para ti.

tampouco pretendo que me entendas.
confórmome, simplemente, con que as miñas verbas
penetren a túa dermis.
que cando os ollos se aproximen á vixilia,
o sangue che bombee a miña voz por todo o corpo.
só intento que ao espertar,
cando a túa mau me busque morriñenta,
a túa boca se seque atónita por non terme.
quero, novamente, que descubras o que significo,
lonxe e perto dos teus beizos,
superficial ou fonda no teu peito,
pero lembra, o único que non pretendo é que me entendas.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats