preparados para o banquete,
reservamos a carne como postre.
empezamos deslizando os dedos no prato,
(non preciso cubertos).
lambendo a grasa,
douche paso co coitelo,
(precisas non ser salvaxe aínda),
amósasllo, doce, ao banquete,
para que agarde,
(sabes que todo estará inmóbil).
as bocas manan o sangue,
os pratos agardan o postre.
eva méndez doroxo
quinta-feira, abril 29
quarta-feira, abril 28
K_ serie non numerada É
durmo pendurada dos fíos,
por sobre tres milimetros da túa pel,
batente de nós,
impregnada de min.
alento na espiral centrípeta das linguas entretecidas,
disposta a ser explosionada e reconstruida,
despois de cada encontro.
mordo, incesantemente, as costuras dos nosos corpos baixo a lúa.

sexta-feira, abril 23
K_ serie non numerada P
non esquecín,
non entendín,
non adormecín, meu vicio de ti.
parece que meu corpo non esquece,
mordo as telas,
arrabuño o alento,
compoño a mística sorrindo ao sabor da miña memória.
resistirme inqueda podería,
máis prefiro deixarme túa, neste vicio de ti.

K_ serie non numerada I
exhálome a través da porosidade das nosas pels.
contacto intermitente baixo os bicos.
choque de titans, en dança salvaxe,
sobre o xeo.
eva méndez doroxo
contacto intermitente baixo os bicos.
choque de titans, en dança salvaxe,
sobre o xeo.
eva méndez doroxo
K_ serie non numerada H
cada palabra túa,
acaricia meus ollos pechos,
arrincándome do soño,
achegándome ao desexo.
palpito,
folla ardente entre teus dedos,
letra deborada por teus beizos,
muller feita papel na verticalidade dun agarimo ininterrumpido.

terça-feira, abril 20
K_ serie non numerada
comerte, sen pausa,
ata saciarme,
(posibilidade da linguaxe)
para convertirme na presa da túa pel infinita.
moldearte na boca,
incontrolable fervenza de pracer,
mistura de picantes,
explosión de sabor.
sorprenderte ambiguo,
nas dúbidas dos meus ollos,
predadores insaciables de ti.

can masDeu (pseudotoxinda)
impúdica e certa amósoche os dentes cheos de sangue.
mollo os beizos nela,
lambio cada gota, saboreándote.
agardo con sorriso pícaro, de musa desexante,
de muller que se bate baixo a tela, espida,
de amante sabrosa na que perderse.

non
torneinme chuvia co paso do tempo.
afondaches en min,
penetrándome a terra,
sementando meus órganos ermos,
enchéndoos de luz.
eva méndez doroxo
afondaches en min,
penetrándome a terra,
sementando meus órganos ermos,
enchéndoos de luz.
eva méndez doroxo
segunda-feira, abril 19
can masDeu (antig@s)
estenderte desexo, sobre o xiculate ardente do meu corpo.
tomarte, en pequenos sorbos,
sentir, como teu sabor penetra na miña boca,
aniñando en meu padal.
amosarnos salvaxes,
afondando na artesa,
deixandonos levedar, angorde, na noite.
espertar achándote incrustado en miña pel.

transxénicos
fáltanme nove verbas para poder reconstruir.
filtrar o son,
condensar cada gota de desexo,
reprimir a forma,
aniquilar o medo.
fáltanme seis signos de exclamación.
incompletar a catarse,
amosar a nostalxía, finito ser con vítreos ollos,
inmóbil.
sóbranme tres pensamentos para poder ver.
recitar a miña identidade incompleta,
contrapor o acontencido ao que acontencerá e seguir sendo eu.

cosmos serie sobre pel X.Z
xogamos a escapar.
fuximos da lingua quente,
dos dedos humídos...
formando circunferencias perfectas orbitamos,
con centro en ti,
con centro en min.
tocamos universos paralelos,
pechando os ollos, resistimos,
agardamos que munden os percorridos,
cos nosos planetas colisionen,
formar materia sen mediar palabra,
sen sorrir observando as particulas voar,
con centro en nós.

en funicón de ti
navego á deriva de ti,
incerta, nas palabras doutros actores,
infinita, completa, entre teus beizos,
aínda quentes de min.
sorprendo o inverno entre nós,
agochado tras os surcos da nosa pel,
xeandonos a comuicación aritmética pola que atoparnos_

sexta-feira, abril 16
6 àtic 1º
oculta entre les absències,
viatjo pels bocins de nosaltres.
escampada sobre el llit,
em mossego els llavis
cercant-nos en la memòria de les pells.
eva méndez doroxo
viatjo pels bocins de nosaltres.
escampada sobre el llit,
em mossego els llavis
cercant-nos en la memòria de les pells.
eva méndez doroxo
quinta-feira, abril 15
med_os 332
atúrdeme o bater dos pensamentos.
letras etéreas sacúdenme a paixón,
achéganme ao lume dos infernos.
somníferos estériles inxiro para calmar as voces,
o ruído acúname, infantil lembranza do éter.
son mecida polo ollar insensible das forzas ocultas.
as maus ardentes que me acollen resaltan a miña diferenza,
son, novamente, a concubina da morte.

terça-feira, abril 13
med_os 333
lamento a velocidade coa que as verbas adelgazan ata transformarse, tan só, en lembranzas.
somos parte do inexistente drama da nosa perversa mente.
eclosión de alentos que nos deitan os desexos.
murmuran as linguas,
os beizos producen estranos sons ao intentar fabricar significados esquecidos.
non hai máis realidade ca da chuvia caendo polos espidos corpos da humanidade,
só hai medo a entender o significado do verbo pronunciado, angorde, tras unha orella quente que agarda ser desexada.

segunda-feira, abril 12
fred
la barreja de sabors explosiona a la meva pell.
busco, amb nerviosisme, la darrera caricia,
l'infinita forma en la que perdre'm.
novament reneixent de la rossada, em llevo,
agónica i núa, suant paraules d'incomprensible fonètica.
demano a crits que el soroll m'invaeixi de nou,
entre els llençols freds de cosos vius.
formo part de tú.

quinta-feira, abril 8
adicta a ti
meus dedos percorren túa tensión,
con rapidez e sixilo.
sinto o teu petar baixo as xemas.
a pel quenta ao contacto coa miña,
espazo, espazo.
non podo deixar de tocarte,
sentirte na monocromática dixitación da noite.
tatuaxes brancos dibuixanme o camiño,
as claves descifranse na velocidade do ritmico son dos nosos encontros: entrar.

quarta-feira, abril 7
versionando a ...
para que ti me escoites,
miñas verbas desaparecen,
para que podas inspiralas, nun alento infinito.
ecoitoas lonxe, miñas verbas,
fuxen de min,
para que ti poidas mergullarte na miña dor,
encherme toda.
escoitas outras voces,
outras bocas lamben túa lingua,
abandoasme nas lembranzas do idioma.
elas ecapan no vento, acostumadas a miña angustia,
tras de ti, deixandome horfa.
adiviñas outras linguas na miña voz ausente.
para que ti me escoites,
miñas verbas, as veces, desaparecen,

terça-feira, abril 6
sense seda
enyoro les teves paraules acariciant-me la llengua.
comprensiu i extrany l'alé es confon
quan em debores la pell.
encara sento la palpitació del teu cor en les meves cames,
la suavitat d'unes parpelles que atemorides no es tanquen,
l'olor a pols en l'habitació, des d'aleshores, abandonada.

sorrir
tampouco ser mártir na túa boca.
pretendo mover o lixo,
afondar na inconmensurable brancura da pel,
buscar os resquicios de humanidade e rendirme,
formar parte do banquete,
mergullada na licuosidade do prohibido
inspirar a fragancia do inexistente.

domingo, abril 4
vellos pensamentos
quero que mergulles túa tensión nas miñas dúbidas.
que lambias os medos da miña pel.
cos contornos se difuminen
no dialogo silencioso das incongruencias.
derretirnos, derramados na incontención dun agarimo.
eva méndez doroxo
que lambias os medos da miña pel.
cos contornos se difuminen
no dialogo silencioso das incongruencias.
derretirnos, derramados na incontención dun agarimo.
eva méndez doroxo
Subscrever:
Mensagens (Atom)