xusto na intersección da liña curva atopámonos,
mesturaches as verbas, a lingua e os xestos
e entregáchesme á escamación dunha pel ferida.
sabía que tiña que escapar,
pero a erótica do prohibido atrapoume máis co teu corpo,
e funme consumindo nunha paixón allea e propia,
co tempo descuberta só en min,
case como obsesión dun nacemento que non se deu.
lembro as escasas formas de vida
nas que coincidimos,
os pequenos intres en que o fluxo cósmico se reorganizou para berrarme: Vaite!
cómo alonxarme de min mesma?
sabendo que nas maus derreteuse todo o anterior
e só hai materia en ti,
un monstruo vestido con pel de terra, tradición, futuro.
así, presa da insensatez da autodestrucción,
cosinme a esa pel, para ser un anaco máis na tela que cubre o teu ser,
e altiva arrastrei a miña oblicua fé polos montes todos do mundo.
ao fin chegou ela,
a que non precisa roupa para ser adorada.
así fugaces na vosa maldade infinita,
bebéstedes os líquidos vitais dos meus soños,
mesturástedes a roupa coa paixón dos que se atopan
e prendéstedes lume á pel na que ía cosida.
agora dende a cinza que son,
admiro a liberdade coa que vivir ceibes de culpa
supón para tantos seres que arden
obsesións, paixóns, e vida.
silenciosa observo o meu novo tecido onde todos os queimados
seguimos agardando a resurrección.
eva méndez doroxo
Mostrar mensagens com a etiqueta caldo galego. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta caldo galego. Mostrar todas as mensagens
segunda-feira, outubro 27
quarta-feira, abril 11
pudor incendiario.
toda eu ardín.
o alento e as bágoas non detuveron a combustión.
un berro desatendido
quixo espertar as conciencias,
pero o lume encheume toda,
ata só deixar a verba,
insignificante legado do que nalgún tempo fun.
agora a cinza que me materializa,
desexa transformarse en letra,
quere percorrer os corpos
que, noutrora, a profanaron.
deixar a pegada, do lume,
en xentes que coa sede do silencio
a afastaron a golpe de misto.
pretendo eu,
na miña nova existencia,
renacer penetrando na porosa capa de medo,
que sen sabelo os conforma,
e dibuixar o rastro da morte nos ósos
desencaixados dos carroñeiros que me estragaron
un novo segundo de vida.
eva méndez doroxo.

quarta-feira, novembro 9
marcas de auga.
mergullada na transparencia da túa identidade
mudo a pel.
mostroche as imperfeccións do meu corpo,
percórresme, con velocidade efímera,
sen medo de ser arrebatido.
o salitre escámame os beizos
que noutrora foron o forno das mentiras,
as que arricaches con sixilo
dende un lugar chamado illa.
non soporto terte lonxen,
a tres milimitros de min
é un espazo infinito de neutralidade exacta.
permite que intercale entre os teus dedos
a miña persoa,
para inexistir xuntos no éter desta tortura.

sexta-feira, outubro 28
benvida proclamada.
accédesme pola traseira,
a que esquecín fechar
cando as bágoas cubrían as paredes.
chegaches, como os exércitos,
erguindo as pedras do chan,
cubrindoo todo de po.
antes de ti, non lembro nada.
despois de ti, non vou existir.
eva méndez doroxo.
a que esquecín fechar
cando as bágoas cubrían as paredes.
chegaches, como os exércitos,
erguindo as pedras do chan,
cubrindoo todo de po.
antes de ti, non lembro nada.
despois de ti, non vou existir.
eva méndez doroxo.
segunda-feira, agosto 1
monstruos.
cara amable,
sorriso limpo,
ollos nos que perderte.
palabras sinceiras,
orellas pequenas,
e bicos sabor a sal.
voz...
entre cachos de vida,
fíltranse polos dedos,
agardan agochados nas sombras,
sentados ao noso carón,
agochados nos pesadelos,
inflitrados na nosa cotidianidade,
no fondo dalgún lugar de nós.
eva méndez doroxo
sorriso limpo,
ollos nos que perderte.
palabras sinceiras,
orellas pequenas,
e bicos sabor a sal.
voz...
entre cachos de vida,
fíltranse polos dedos,
agardan agochados nas sombras,
sentados ao noso carón,
agochados nos pesadelos,
inflitrados na nosa cotidianidade,
no fondo dalgún lugar de nós.
eva méndez doroxo
sexta-feira, julho 22
informe DAFO.
inclínome a pensar que es o algoritmo perfecto.
a compoñente da fórmula matemática que son,
o misterio de incógnitas que resolve a ecuación da miña incertidume.
aparento axitada coa xiz entre os dedos,
pero invádesme coa sixilosidade felina
que te caracteriza,
para despexar do encerado os números, comprensíbles, só, para nós.
podo asegurar, con certa forza argumentativa,
que elévasme a cotas expoñencias insospeitables,
polo que resolvo: es a letra que resulta insustituíble nos poros da miña existencia.

quinta-feira, junho 16
cravo, lavanda, ti.
configurada cos fíos, doutras teceduras anteriores,
mergúllome nos dedos da túa hostilidade.
as veces, mollo os beizos nas fibras que esqueces
ao tensar o bastidor sobre a miña pel aínda enxutia.
consigo terte moi perto,
tocarte case co alento,
sentirte na humidade que me invade.
alleo aos meus pensamentos,
crábasme a madeira torneada das palabras secas,
irrumpes na cubeta onde as texturas se expanden
para sacar, con tino, outro pedazo de min,
amecéndome ao erro que me vai desfacendo.
procesas, unha vez máis, o meu corpo exento de nós,
para detallar no acetato o contorno de quen desexarías que fose,
a muller, que non ves, enterrada nas liñas difuminadas
da superposición de personalides.
consúmome en silencio,
observadora ausente,
monstruo impaciente das túas creacions extraordinarias.
configúrome baixo a presión de ser túa un segundo antes de desaparecer.

domingo, abril 24
os camiñantes nocturnos
téñote gardado nunha caixa,
aquela de brilantes cores na que, as veces,
enredabas.
lévote pechado nese espazo
que algúns chaman soños,
o lugar onde as ilusións xogan ceibes cos desexos
para aniñar no peto onde, como xa che dixen, gardo a túa caixa.
transporto, con escaso traballo,
a rede de pensamentos alleos,
o liño vello no que xogabas a ser ti mesmo,
a forma do que lembro que eramos antes de meterte na caixa,
esa, que chea de cores brilantes, afastei da vista durante séculos,
aquela onde te escondiches de min un día para non saír nunca máis.
pero con todo, eu sigo pintandoa de cores novos,
por si tal vez, un día, cando dormida me aches,
te atrevas, novamente, a escalar as paredes e saírme do peto,
meterte na cama e ollar para a caixa de xoguete na que gardarme.

quarta-feira, abril 20
viaxeiro sen forma.
deseño as formas do verbo
no lenzo da túa epiderme,
a que non acho alén das miñas lembranzas.
fuches o visitante nocturno,
o viaxeiro incansable,
aquel que cando as pálpebras pesan,
se filtra polo humor vítreo con pés de la.
comparto coa chuvia todos os pensamentos,
para que se regresas a min,
poda acollerte virxe de palabras,
sen tesouros no peto,
e cos ollos pechos.

sexta-feira, abril 8
locucións
contida, nun alento eterno,
as conclusións aterécenme no peito.
desprázome pola liña da cordura,
con axilidade felina,
esquivando as formas do pensamento,
agochando cada fíasca de min.
do outro lado, os ollos.
as miradas efímeras que me xulgan,
as bocas fechadas que me internan,
sen sabelo,
nun universo propio do que xa non podo escapar.

quinta-feira, março 31
notas de olor
feita un nubelo descendo.
coas ás roidas,
as plumas molladas e o bico silenciado,
aterro, na biscosidade dun corpo alleo,
nunha carne con olor a papel de avellaneira.
despréndome de min,
dos accesorios de toda eu.
quedo tan só coa boca,
co nariz para percorrer enteira
esta nova pel, este novo olor,
esta nova vida,
para a que me sobran sentidos e me falta tempo.

segunda-feira, março 21
345º 3"
navego polas profundidades do meu pensamento.
as lembranzas arden no peito,
as bágoas encheno todo.
escrava e perdida óllome no reflexo das sereas,
musas mortas pola incredulidade do home,
que me acollen como irmás nas augas do esquecemento.

terça-feira, fevereiro 8
interrumpida
compensada evanescencia na cadencia da personalidade.
tomo notas.
aprendo as formas femininas dos meus dedos atrofiados,
espertando do xélido soño no que estou atrapada.
as cordas ténsanse sen ter en conta a fraxilidade
do corpo cas conten,
son o recipiente no que as cousas trancurren,
no que o tempo non se detén para ca miña dermis,
aínda tensa, se hidrate e volte ao estado natural das curvas.
compensada na evanescencia da obtusa deliveración de ideais.

sábado, dezembro 4
cuncha e noz
zoas na miña indiferencia.
ausente e ingrávida
deixo que coles nos meus pensamentos
e incomuniques as extremidades
que poderían axudarme a fuxir.
acaricias a pel de mármore
sen agochar pulcredade no xesto.
eu, do outro lado do universo,
non sinto máis que xélida consternación
polo interese que os teus dedos amosan.
zoas rabioso nas fiestras
do meu mundo,
desexoso de rachar este silencio incomprensible.

quinta-feira, setembro 2
pentagrama
ancorada na malgama laberíntica das túas lembranzas
aparto o ollar da definición de beleza á que te refires,
a pé de páxina, oculto tras os dédos do que noutrora
chamein fotografía.
fundamentalismo do ingrávido,
nomenclatura absurda que desrecoñezo,
porque a infusión da vida me escalda angorde,
como para non queimarme, e así mesmo consumirme
quente de abondo como para que a miña esencia
se evapore contigo, a cada grolo.
deberías lembrarte dos beizos que sandaron as túas feridas
e agochar a prepotencia varonil tras esas uñas de gata
que tanto me arrabuñaron,
pero aferraste á nova vida,
a unha liberdade virtual na que pilotar outros corpos é materia divina,
e eu, agardo, non sei aínda o qué, pero agardo dalgún xeito,
cos sensores se desconecten e me vexas espida e doce,
ao carón ezquerdo dese peito que anhelo.

sexta-feira, maio 28
pensamentos
porque formo parte do caos?
existo en e sobre min mesma.
formulo catrocentos tres pensamentos cada fracción de tempo,
nomeado vida.
invento tras e dentro de ti.
carretaba medio millón de significados
carentes de intelixencia
superhabitados de parasitos da gramatica non verbal,
a que comunico ao pechar un ollo.

conxeturas
hai algo peor que a producción en cadea?
- na cadea hai algo peor que producción.
simplemente ser productivo é afirmar.
- afirmar sendo simplemente productivo.
xogar á incompresión do ego forma parte da redacción sistematica
de calquer sen sentido que ao longo do tempo, sabemos,
há de transformarse nas verbas que nos iluminen.
xeracións infinitas de monstruos sen pensamento,
de amigos-cadaver ou mortos viventes,
froito da simple afirmación dun producto de cadea.

dias e outono
durante un nanosegungo conseguín o fin,
interpretein a persoaxe,
aparentei feliz.
despois, descartein calquer proeza,
senteinme na porta, baixo a luz dalguns ollos e adormecin a conciencia.
xustificar os actos,
mostrarse fría,
esconder o fuciño nas maus dos outros,
ser, unha muller salvaxe, por sempre.

sábado, maio 22
serie dor
cantas veces teño que escribir dor, para deixar de sentirte?
formulo, redacto, explico e significo,
tan só tres letras compoñen unha vida enteira
feita de anacos cosidos con punto de cruz.
rexeitar os efectos secundarios da felicidade infinita
é, cando menos, unha osadia, castigada coa ruptura do fio,
desmembración das telas,
composición da dor.

quinta-feira, maio 13
cortes
trastornada a imaxen do nome,
por fin son libre para escribir.
sen cadeas que me pesen nos pulsos,
coa mente levedando no cráneo, medro.
áchome infinita,
transitada, aínda, polas pantasmas, pero estreando lingua,
a túa, a miña, a nosa.

Subscrever:
Mensagens (Atom)