ollasme analitica dende detras das formas.
son unha boneca de trapo oculta entre teus dedos de dor.
non pretendo roubarche nada,
e ainda asi sintesme asasina do teu mundo.
teño vida nos ollos,
desexas arricarma,
extraer cada gota de memoria do meu ser,
reciclar miña felicidade e tornala pedras.
es composta de podredume,
de desfeito humano,
amargada esencia de muller.
caeche o pelo branco surcando o negro,
a voz, noutrora doce, tornouse rouca, desentonada.
odias cada forma que ten meu corpo,
meu pelo crecho,
o sorriso enxebre...
a distancia que nos separaba esfumouse entre teus dedos que me afogan burlescos, en teu peto, contra a tela.
superpoñome a min mesma e abanzo dudosa ao precipicio.
chuchasme a vida,
perdin unha loita silenciosa na que ninguen me viu caer.
eva mendez doroxo