tanto me ten cos beizos me ardan por non terte,
ca pel se me esnaquice ao lembrarte nela,
cos sentidos me confundan para esquecerte.
tanto me ten que te vertas esgotado nos meus degoiros,
cos ollos te amosen espido na miña gramática.
tanto me ten cas fadas iluminen os nosos corpos na noite,
ca chuvia esgace a puntuación dun aceno que non comprendo,
co lume amose a galbana que me cubre a alma,
que me fustriguen os posibles,
porque só desexo misturarte coa brétema desta afogada
para percorrernos, inxenuos, en silencio, sen nome.
eva méndez doroxo.
sexta-feira, outubro 28
benvida proclamada.
accédesme pola traseira,
a que esquecín fechar
cando as bágoas cubrían as paredes.
chegaches, como os exércitos,
erguindo as pedras do chan,
cubrindoo todo de po.
antes de ti, non lembro nada.
despois de ti, non vou existir.
eva méndez doroxo.
a que esquecín fechar
cando as bágoas cubrían as paredes.
chegaches, como os exércitos,
erguindo as pedras do chan,
cubrindoo todo de po.
antes de ti, non lembro nada.
despois de ti, non vou existir.
eva méndez doroxo.
pés e outros animais.
sorrisme.
agochada na néboa da miña credulidade,
agardas o intre, preciso, para cravarme
as verbas da destrucción.
moveste sixilosa, gracil,
entre as miñas confesións e as miñas dúbidas.
sorrisme.
confiada arxila nas túas maus,
vou tomando a forma do que non comprendo,
extenuada polo medo,
só tremo, indefensa, ante a túa magnifica crueldade.

sexta-feira, outubro 14
transversal.
arríncome a vida coa fame axitada dunha lingua allea.
esquezo a miña forma humana para arroxarme as fouces
dalgún descoñecido.
morta xa, entre os teus dedos, convulsiono esquelética e doce,
como antes de deborarme.
a incredulidade nos teus ollos atérranme.
fuches artífice, executor, do festín da miña vida,
sosteisme pueril e morno mentres es incapaz de probarme.
non son máis co manxar que desexabas,
unha muller latente, sen esperanza nin vida,
agardando a ser amada.
eva méndez doroxo

quinta-feira, outubro 13
letras de sal.
reflexo,
unha pel marcada.
caricia,
cinco gramos de sal nas pálpebras.
morte,
percorrido infinito entre nós.
atida, na ouriceira dos pensamentos,
exploro a incongruencia
de cada xesto.
eva méndez doroxo
unha pel marcada.
caricia,
cinco gramos de sal nas pálpebras.
morte,
percorrido infinito entre nós.
atida, na ouriceira dos pensamentos,
exploro a incongruencia
de cada xesto.
eva méndez doroxo
pista 3. zamfona.
extravíome na encrucillada dos teus silencios e os agarimos doutras bocas.
desintégrome na forma cóncaba da túa mau sobre un outro peito,
desprazado polas liñas dun corpo que non é o meu,
mergullado no estrano sabor dalguén que descoñezo.
e eu, sostida polos alentos, entrégome furiosa aos homes que te representan,
as voces que te alonxan de min,
aos beizos que arden o teu recordo da miña pel.
para espertar, espida, no fogar da desesperación dialéctica,
esa que, sen motivo, me atrapa para facerte renacer, con máis forza, na miña pel debastada.

domingo, outubro 2
resurrección.
impredecible,
oculta entre as telas,
o branco oprime as miñas células.
escapei das cores,
impregneime do sabor salgado
que deixan as pedras do esquecemento.
focei entre as follas do medo,
recuperando os anacos
que de min mesma, foron sedimentando.
agora, con impúdico pracer,
érgome vestida de longa arrogancia gris,
camín da existencia que desenterrein.
eva méndez doroxo
Subscrever:
Mensagens (Atom)