domingo, janeiro 17

estratosfera

o universo que me invade expande toda necesidade de min.
estoupo en tantos anacos que perdo a conciencia do meu ser.
pequeno esquelete primo,
sen pel nin forma humada replégome contra a gravedade do punto infinito no que atoparte.

es home.
kilómetros de pel polos que introducir a salvia do meu non-ser.

evaméndez doroxo

sexta-feira, janeiro 15

portentage de cuota

"soy tu propio dolor, déjame amarte".
luis rosales


noutrora, cando nos batiamos inquedos baixo o branco, fun indómita e salvaxe,
irreverente, mostruosamente alegre, propia.

hoxe, no fondo do gris, os pedazos de min colgan ingrávidos,
coséronme o riso.

non nos atopo xogando coas peles e a palabra escrita.

as puntas dos dedos tornáronse vermellas arrincando cada anaco do teu ser.

ollo impasiva a destrucción da que son musa,
esbozo unha fíasca de pracer no océano con que contemplo a aniquilación sistemática do que,
noutrora, cando habitabamos baixo o branco, fóramos.

eva méndez doroxo

sexta-feira, janeiro 1

inexplicable

o compás,
o ritmo que engule outros pensamentos.
mostrome.
no sei por canto tempo os dedos seguiran escribindo a nosa historia.
gustaríame vivir,
saír da gabía e voar sen medo baixo o ardente alento dos mortos.
semello incongruente,
unha esquizofrénica do sen sentido,
pero se abres ben os ollos verás,
polo furado da porta,
cos dentes doutra muller me deboran.

eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 30

na barra

os sabores ábrense paso,
penetran os nódulos da lingua,
degradados pola amilasa mergúllanse en nós.

fúndense contra o padal,
expándese na cabidade bucal.

trituro os anacos que os conteñen,
exploro as formas dentro de min.

dilato as pupilas ao ser penetrada por eles.
pecho os ollos e materializo o baile ritual:

- éxplaianse as texturas salvaxes,
o irrecoñecible dá paso ao xiculate negro, amargo,
con indicios dunha vida pasada, inúndome nas froitas xugosas do xardín silvestre.

en éxtase agardo ser novamente invadida por eles.

eva méndez doroxo

tartaleta de nadal

bátote,
rebosan por entre meus dedos os ingredientes mornos.
ela, a boca que non comprende, debóranos.
doe a gorxa ao tragar o veleno que nos suministra.
indefensa e dócil cociño, unha vez máis, para nós.
apártolle a boca, achego a túa.
derreto teus ollos no lume,
moo a fariña dos ósos,
cociño os anacos que quedan de nós.

bátonos.

eva méndez doroxo

escoitando guy farley

et remeno,
rebosen per entre els meus dits els ingredients tebis.
ella, la boca que no ens compren, ens debora.
fa mal la gola al empassar el verí que ens suministre.
indefensa i dócil cuino, un cop més, per nosaltres.
li en retiro la boca, m'apropo la teva.
derreteixo els teus ulls al foc,
molc la farina dels ossos,
cuino els bocins que queden de nosaltres.

ens remeno.


escoltant guy farley

vampiros no deserto 1

deambulo polo deserto da incerteza.
aquel no que un dia afondei as maus pesquisando auga, atopándote a ti,
espido baixo a area, cuberto do salitre doutras vidas.

sedenta busquei túas humidades para me fundir nelas,
arrinqueinche o sal con meus dedos,
escarbeinte coas unllas rachonentas.

petreo agardaches miña necesidade de ti,
inmóbil deixácheste chuchar a vida toda.
abandoite baixo o sol,
na túa tumba violada,
para que prendeses e, así, esquecerme do sinxelo que foi tomarte.

eva méndez doroxo

terça-feira, dezembro 15

lamber os dedos

retrovar-nos inmersos en l'inmensitat dels llençols,
apropant l'alé a la pell enyorada,
gaudint de totes les prohibicions analíticas de tots dos.

eva méndez doroxo

quarta-feira, dezembro 9

títols que em regales

soan teus beizos en miña pel espida.
morren os agarimos nas olladas que se pechan.
tremen os músculos baixo a tela.
percorro o sorriso de xenxibre coa lingua de mel,
derreténdome en cada volta, exhalo o teu nome.

as miñas pernas contéñente entre os dentes impronúnciote.
sinto as meixelas arder baixo a pel cuberta de nós,
criaturas nocturnas enroscadas na diurnidade dun agarimo.
túa, por sempre, racho en mil anacos.

eva méndez doroxo

segunda-feira, novembro 30

winter, apologise

retorna a neve nas pupilas das nosas lembranzas.
teus beizos,
o bico do meu peito recornando o cheiro a herba seca.
toco a invisibilidade na que mudamos,
sinto terte esquecido,
desexo atoparte novamente caendo, xeandome os ollos.

eva méndez doroxo

quarta-feira, novembro 25

IV Illas Sisargas

A obra A Muller Dormida, conxunto de poemas que participaron no concurso Illas Sisargas, veñen a darme a boa nova de ser premiados!!

domingo, novembro 15

de coco 3002

Pretendo mollar os beizos no mel que compón os teus silencios.
Mergullarme na tenrura da distancia, abrigándome coa túa indiferencia.
Suprimíches a suavidade do meu ser para non terme atida.
Incomprendín que NON estás.
Aseméllote nas risas furtivas dos nenos.
Transformeinme en ar para poder atoparte axiña, máis non te vexo.
En min estás, nestas liñas, en cada bagoa que escorre pola necesidade das túas caricias.
Lembro que non te soñei polas marcas invisibles dos meus desexos. Elas son o que queda de nós.

eva méndez doroxo

Pretenc mullar els llavis en la mel que composa els teus silencis.
Submergir-me en la tendreça de la distancia, abrigant-me amb la teva indiferencia.
Has suprimit la suavitat del meu ésser per no tenir-me retinguda.
He incomprés que NO hi ets.
T'asimilo en els riures dels nens.
M'he transformat en aire per poder trobar-te ràpid, però no et veig.
Ets en mi, en aquestes lineas, en cada llàgrima que escorre per la necessitat de les teves caricies.
Recordo que no t'he pas somiat per les marques invisibles dels meus desitjos. Elles són el que queda de nosaltres.

de xenxibre 3001

Son escapista.
Licenzada en técnicas de desaparición.
Doctora en invisibilidade e con Cátedra no arte de non existir.

Ti habitas nos meus momentos. Nos intres que non existo.
E faiste etereo na ralidade, cando preciso excusarme, cando non te teño.
Mostreinme salvaxe un dia, pero invisible para poder tocarte.

eva méndez doroxo

Sóc escapista.
Llicenciada en tècniques de desaparició.
Doctora en invisibilitat i amb Càtedra en l'art de no existir.

Tú habites en els meus moments. Els espais en que no existeixo.
I et fas eteri en la realitat, quan necessito excusar-me, quan no et tinc.
Em vaig mostrar salvatge un dia, però invisible per poder tocar-te.

galetas de gengibre 1001

Necesito que me soñes.
Que todavía, aínda, me creas entre a pel e a tela.
Preciso ca humidade che encha a gorxa de desexo,
que imaxines a posibilidade, ficción, de terme na túa boca.

É imprescindible que adores a feitura da miña sombra dibuixando un sorriso nas túas maus.
Considero que non existe outro xeito de reterme.

eva méndez doroxo

Necessito que em sommiïs.
Que a més a més, encara em creguis entre ta pell i la tela.
Preciso que l'humitat t'ompli la gol·la de desitg,
que imaginis la possibilitat, ficció, de tenir-me a ta boca.
És imprescindible que adoris la forma de la meva ombra dibuixant un somrriure entre tes mans.
Consider que no existeix altre mode de retenir-me.

quinta-feira, novembro 5

trufa con galeta

quente me escorre o sangue por entre as queixadas.
noutrora os dedos pernoctadores, inmersos no xenxibre dos meus peitos, atravesaron-nos.
compoño a badalada anterior a unha subalternabilidade astral,
cómote coa deliciosa textura do quente.

sabesme depredadora alerta, baixo o luar, óllasme impasible,
agardas a comunión de nosas miserias en fatídica danza premonitoria.

escorreste, quente, polo fluir do meu ser.

eva méndez doroxo

quinta-feira, outubro 22

anacos

avanzo polo mundo espida,
sen remordementos que escondan os peitos,
coas medias no rastro amosando o sentimento.

exivo a miña pel orgullosa,
chea de marcas, chea de terra.
o sangue escorre polas meixelas surcando os cráteres do tempo nelas.

mostro meus membros mutilados por banquetes alleos.
sigo sendo a concubina da morte,
a amante dos desesperados,
o berro das suicidas.

eva méndez doroxo

terça-feira, outubro 13

grans de café

navegamos entre a indiferencia e o absurdo,
preposicións coherentes nas que guardar 3gramos de nós.
sospeitamos das sobras que tinguen o inconformismo axitado das personalidades.
seres nocturnos que agardan agochados un agarimo inquedo.
respertando os silencios ollamos a profundidade do azul,
xusto antes de saltar sobre a austeridade dun ollar descoñecido.

eva méndez doroxo

suicidio feminino

todas nós, poetas suicidas, despertas na noite, impasibles ao frío,
escribimos a dor nás páxinas,
a paixón entre os versos, eles, os fillos das mortas.
unhas gotas de lume entre o poema e vida.

somos as suicidas dunha historia, a nosa,
dunha traxedia, a humana,
dunha incongruencia: a existencia toda.

estamos en constante caída libre, contra un chan inalcanzable,
sen saber se ao fin atoparemos esa morte anhelada, buscada, desexada, finalmente atopada.

eva méndez doroxo

totes nosaltres, poetes suicides, despertes en la nit, impassibles al fred,
escribim el dolor a les pàgines,
la passió entre els versos, ells, els fills de les mortes.
unes gotes de foc entre el poema i la vida.

som les suicides d'una història, la nostra,
d'una tragedia, la humana,
d'una incongruència: tota l'existència.

estem en constant caiguda lliure, contra un sól inabastable,
sense saber si a la fi ens trobarem amb la mort anhelada, cercada, desitjada, finalment trobada.

quarta-feira, outubro 7

abolición de min

hoxe desfigurei a cara.
córtaronme 14 pares de ollos,
diseccionáronme en linguas descoñecidas.

estiven inmóbil no linchamento,
descuartizada por orde alfábetico,
depositada en catro frascos.
no éter seguín ardendo, configurando o discurso.

a absolución non deu chegado,
a profundidade do gris tornouse densa de máis.
os dedos aturuxados berraron os dias de frores, agarimos, represión.

desfigurei a cara,
amputei os brazos,
baleireinme de órganos e teixidos.

conservando a verba alcei o paso.
descontruida a partir da nada,
construida dende o eu,
sigo hoxe desfigurándome a cara.

eva méndez doroxo

domingo, outubro 4

reconstruindo 000.0

consumida na traseira agárdote.
non son o xesto andróxino que esperas.
compóñome de particulas de medo.

frente ao espello áchote.
espida, branca, sangrante.
Daesa de les hores baixes.
altiva e desafiante óllasme.
agochada sobre miñas branduras esquivo túa arrogancia, noutrora amada.

consumida na traseira, agardo.

eva méndez doroxo

sexta-feira, outubro 2

orixes

respírame na combustión das personalidades.
ardo por ser aspirada.
os teus teixidos humídos acóllenme na dúbida.
son demasiado densa para chegar aos teus órganos motor.
o peso oprímenos,
peto contra as paredes do teu tórax,
axítome nesta nova forma de tomarte.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats