domingo, março 21

trencadissa

em segueixes sent desconegut,
i alhora, ets l'únic que comprenen els meus dits.
la meva boca s'apaga,
en la dificultat d'entendre't,
però se m'inflama la llengua al sentir-te en ella.
no sóc l'experta humanista amb qui confondres,
només l'impacient sonàmbula que t'espera.

eva méndez doroxo

sábado, março 20

salitre primaveral

oculta entre teus berros,
asisto ao éxtase de perdernos.
inevitables,
con gusto de vinagre e cravo
nosos sudores mistúranse.
as linguas predadoras enróscanse ao unisono.
atrapada en teus beizos
axítome impúdica
ante os espectadores.

eva méndez doroxo

quinta-feira, março 18

xocolata desfeta

arrossego l'ànima
per la corba alineada
de tots dos.

sorprenc la nit
quan lliscas entre els meus pits,
famolenc, intrépit.

aterrat, el só, s'apaga,
per donar-nos pas,
en la lluita compassada dels silencis.

a tren d'alba,
haig d'escometre
la difícil tasca d'allunyar-me,
inquieta encara,
dels teus pàrvuls llavis,
de la nostre absència.

eva méndez doroxo

mmmh

mollo os miolos no leite,
antes de ser deborada,
respiro,
collo ar, alento,
pecho os ollos, inspiro,
humedezo os beizos,
agardo...
que teus dentes se craven na miña pel.
un xemido cala dentro meu,
as bágoas sécanse nas cuncas sen ollos,
sórbes o teixido brando.
agonizante, impoluta e tímida,
dibuixo un sorriso no ar
co único pedazo de min que aínda agarda ser deborado...

eva méndez doroxo

quarta-feira, março 17

mudaron os criterios

o paso do tempo é, sen dubidalo,
a cadea que xulga,
o dedo que apunta,
os agarimos esquecidos.

mudaron os criterios,
me dixeches mentres pechabas a porta
do que un segundo antes
era algo máis ca miña vida.

non comprendo,
acato.
non renego,
agardo.
non berro,
recito, para cando novamente, muden os criterios.

eva méndez doroxo

terça-feira, março 16

auga en movemento

troco os anacos de corpo por verbas.
sen órganos,
adversa,
respiro inconstacia e sabiduria.
ela,
a quen non dorme,
axítase na miña nova pel: palabra.
tampouco eu descendo ao mundo,
sigo na superficie,
aprendo a amosarme.
sen máscaras de teixido dérmico,
con espida transparencia,
muda.
aprendede a lerme,
quitade os lentes do aprendido,
e disfrutade, a penas, da materia que se rinde ante vós.

eva méndez doroxo

segunda-feira, março 15

carn

mai,
després de fóndre't,
tornis als meus braços.

sense alé,
palpitejan-te el cor
am b destressa
sense por.

mai,
després de ser meu,
tornis als llavis d'altre boca.


eva méndez doroxo

monstruos: cabeza

conformo o laberinto de min.
perdida,
entre as paredes
busco a saída.

só existes ti,
extraño ser invisible
que guía o camín,
facéndome alleo
cada paso dado.

levo tres vidas neste mundo,
seino porque faláchesme de cando tiña ollos.

son pernas sen rumbo,
un cacho de carne ao que non podes renunciar.
agardando tou,
recoñecer os pedazos de min
e levarte conmigo lonxe da cadea na que vivo.

eva méndez doroxo

E.V.X.

sota meu
les caricies desapareixen,
em torno la pols
en la que els teus dits s'enfonsen.

he suprimit el record
transformant-me en peix,
he volat a altre món
sent només un ocell.

arribo, novament, cansada,
buida de mi,
davant els teus llavis
per dir-te t'enyoro.

eva méndez doroxo

sorpresas de ultramar

extrémome ao verte
nos ollos alleos,
nos beizos alen.
na vida que sigue.

non formo parte do universo coñecido
son unha costelación toda
unha vida alternativa ao que din vida.

existo na mente que pensa
no ar que respiras,
en ti, existo axitadamente
silenciosa e cega,
agarimosa e tenra,
unha pequena luz que se apaga cada minuto que me esqueces.

eva méndez doroxo

linguaxe segreda: vocabulario

compensada, entre túas maus navego.
os furados no chan da conciencia
deixanme verterte infinitamente en min.
morder cada segundo
antes de expirar
nunha morte eterna sen a confusión de ternos.

móstrarme na brancura da noite
aos xuizos silenciosos de todos nós
criaturas famentas
de delirios astrais.

eva méndez doroxo

sábado, março 13

més

exhalada,
sota el llençols,
els voltors em cercan.
inmóvil la materia Jo
conté la respiració
en mecànic acte de sobreviure.
vas fugir amb l'esquelet de mi,
amb l'essència del nosaltres,
amb l'existència de tú.
a la reserva em trobo.
saragata al volt meu i jo sense boca
per poder cridar-te.

eva méndez doroxo

quarta-feira, março 10

linguaxe segredo: código fonte.

non entendes meus xestos,
sútil linguaxe de min.

non comprendes os silencios,
expresión crítica do que significo,
a miña complexa identidade
que gardo na in_memoria
do non existir.

recapacitan teus dedos,
cando persiguen a pel
que che é allea,
pero non entendes a información
o retrasmitir en código Eu.

non es capaz de descifrar
as parábolas do sen sentido no que vivo.
independizada do caos
preciso tres tazas del
antes de enfrentarme a ti,
escéptico ser terrestre
capaz de comunicarte,
incompleto sen min.

eva méndez doroxo

re_construindo 1

cociñaras meu órganos atrofiados,
chuchando neles,
impregnandoos de ti.
esquecera meu corpo as fouces anteriores,
as que me roeran os ósos
arrincándome a ialma.
teu adobo conseguira cas feridas
navegasen errantes noutros mares.
volvín, na túa cociña, a sentirme muller.
co esquelete fráxil aínda,
co sorriso tímido e o ollar desconfiado
mergulleinme en túa boca
para ser novamente deborada
pola fame loba de teus segredos.

eva méndez doroxo

dor

doe,
como nunca antes.
os golpes,
as palabras,
a indiferencia,
non prenderon esta dor descoñecida.

novamente invisible,
véxote, persoaxe da película da que non formo parte.
tou do outro lado da dor,
do lado no que os cutielos resgan a pel,
as bágoas secan a vida,
o latexo impregna o chan.

doe,
como nunca antes,
como endexamais despois.

eva méndez doroxo

in memoria

sigo sen existir.
penduras teu pasado na parede do nós,
exhibelo no presente
borrandome novamente do teu carón.
non son,
non fun,
non serei, endexamais exposta nos anacos en branco da túa vida.

eva méndez doroxo

terça-feira, março 9

kamikaze

t'odio.
inevitablement,
no sóc res,
tant sols tot,
indefinidament res.

m'imagino inscrita en l'oblit dels teus llavis.
mossegada amb els ullals de llop que m'esborren.

torno a la realitat quan les teves mans m'escalfen la por.

renego dels matins que ens allunyen,
de les tardes en les que et perds,
de la nit que em torna invisible.

t'odio.
incontingudament,
des del desig de ser teva.

eva méndez doroxo

quinta-feira, março 4

faltes d'ortografia

a tú que em llegeixes des de l'inmensitat del blau,
et demano, tan sols, que em regalis els silencis.
oblidar cada mot escrit, recitat, parlat,
per poder trobar-me,
la veritable jo,
que t'espera sota aquesta boira de caracters,
desitjant, que no sigui massa tard
per trobar-nos novament
sota els llençols
en el més absolut dels estridents silencis.

eva méndez doroxo

segunda-feira, março 1

sostidos

desfollada por teus beizos,
inspirada e derramada por túa pel
cúbrote con arácnida incontenibilidade
mézote nos meus suspiros,
sostido, tan só, por meu desexo a existir.
_escoitando o nocturno nº 2 de Chopin
eva méndez doroxo

quinta-feira, fevereiro 25

deixame amarte

cando teu verbo impacta sobre min
esnaquízame.
teño que morder os beizos
para conter as bágos,
pechar o puño
para conter o sangue
que desexa manar salvaxe por todo nós.

rabioso atópasme espida
baixo a manta,
nun recuncho do cuarto
onde cada día me encerras
por medo a que escape,
novamente, de ti.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats