quinta-feira, abril 15

med_os 332

atúrdeme o bater dos pensamentos.
letras etéreas sacúdenme a paixón,
achéganme ao lume dos infernos.
somníferos estériles inxiro para calmar as voces,
o ruído acúname, infantil lembranza do éter.
son mecida polo ollar insensible das forzas ocultas.
as maus ardentes que me acollen resaltan a miña diferenza,
son, novamente, a concubina da morte.

eva méndez doroxo

terça-feira, abril 13

med_os 333

lamento a velocidade coa que as verbas adelgazan ata transformarse, tan só, en lembranzas.
somos parte do inexistente drama da nosa perversa mente.
eclosión de alentos que nos deitan os desexos.

murmuran as linguas,
os beizos producen estranos sons ao intentar fabricar significados esquecidos.
non hai máis realidade ca da chuvia caendo polos espidos corpos da humanidade,
só hai medo a entender o significado do verbo pronunciado, angorde, tras unha orella quente que agarda ser desexada.

eva méndez doroxo

segunda-feira, abril 12

fred

la barreja de sabors explosiona a la meva pell.
busco, amb nerviosisme, la darrera caricia,
l'infinita forma en la que perdre'm.
novament reneixent de la rossada, em llevo,
agónica i núa, suant paraules d'incomprensible fonètica.
demano a crits que el soroll m'invaeixi de nou,
entre els llençols freds de cosos vius.

formo part de tú.

eva méndez doroxo

quinta-feira, abril 8

adicta a ti

meus dedos percorren túa tensión,
con rapidez e sixilo.
sinto o teu petar baixo as xemas.
a pel quenta ao contacto coa miña,
espazo, espazo.
non podo deixar de tocarte,
sentirte na monocromática dixitación da noite.
tatuaxes brancos dibuixanme o camiño,
as claves descifranse na velocidade do ritmico son dos nosos encontros: entrar.

eva méndez doroxo

quarta-feira, abril 7

versionando a ...

para que ti me escoites,
miñas verbas desaparecen,
para que podas inspiralas, nun alento infinito.
ecoitoas lonxe, miñas verbas,
fuxen de min,
para que ti poidas mergullarte na miña dor,
encherme toda.
escoitas outras voces,
outras bocas lamben túa lingua,
abandoasme nas lembranzas do idioma.
elas ecapan no vento, acostumadas a miña angustia,
tras de ti, deixandome horfa.
adiviñas outras linguas na miña voz ausente.
para que ti me escoites,
miñas verbas, as veces, desaparecen,
para que podas inspiralas, nun alento infinito.

eva méndez doroxo

terça-feira, abril 6

sense seda

enyoro les teves paraules acariciant-me la llengua.
comprensiu i extrany l'alé es confon
quan em debores la pell.
encara sento la palpitació del teu cor en les meves cames,
la suavitat d'unes parpelles que atemorides no es tanquen,
l'olor a pols en l'habitació, des d'aleshores, abandonada.

eva méndez doroxo

sorrir

tampouco ser mártir na túa boca.
pretendo mover o lixo,
afondar na inconmensurable brancura da pel,
buscar os resquicios de humanidade e rendirme,
formar parte do banquete,
mergullada na licuosidade do prohibido
inspirar a fragancia do inexistente.

eva méndez doroxo

domingo, abril 4

vellos pensamentos

quero que mergulles túa tensión nas miñas dúbidas.
que lambias os medos da miña pel.
cos contornos se difuminen
no dialogo silencioso das incongruencias.
derretirnos, derramados na incontención dun agarimo.

eva méndez doroxo

quarta-feira, março 31

linguaxe segreda: verbos

deserto ausente é a miña concepción de ti.
a túa brandura compacta alónxame do cosmos.
supóñome Andrómena no teu ollar.
vaporosas formas aniñan nos pensamentos
que conforman a nosa integridade:

o sangue - fonte de vida - agasálloche neste acto,
a carne - transito sutil - móstroche impútica,
o sexo - sabiduría universal - escondo tras os dedos.

eva méndez doroxo

tanxente

a forma dos dedos pérdese ao se deslizar polas túas costas.
agardo o teu tremer intenso, silencioso afecto que me cola a ti.
sorprendida esta noite, a brancura dos corpos baixo a luz,
a indefensión dos ollos contra as miradas.
bocas agónicas pretenderon calar os aforismos da nosa intimidade.
fémurs contra o chan que escachan,
dentes cravados en nós,
fusión de formas,
creación do xis.

eva méndez doroxo

concubinas

na loita atópote espida,
muller sen nome,
salvaxe aínda.
mórdesme os beizos,
chuchas meu sangue,
penso que comerás o meu corpo,
pero eme imposible moverme.
fascinada teisme,
poseerte quero.
ser un enxame de peles,
un único ser que sobrevive
á derradeira batalla.

eva méndez doroxo

tornasol 2.4

et cerco a la memòria cel·lular,
en els teixits que em conformen.
quantes reconstruccions falten per trobar-te?
no sóc,
no significo,
no entenc,
no oblido, i tant mateix, no et recordo.
com és posible ser jo mateixa sense perdre't?

eva méndez doroxo

ensinistrant dracs

m'has amputat les ales,
amb la llaminadura de la teva boca.
he descobert les illes,
penjades de les teves caricies.
ferida i naufraga,
em dirixeixo al costat calent de la teva absència.

eva méndez doroxo

segunda-feira, março 29

dixitación

se a palabra escrita poidese mudar de forma,
tornándome peregrina da inconciencia,
voltaríame tipografia suave,
letra insignificante,
verbo, simplemente.

constituiría un mundo en liñas
onde o significado, resultase coherente,
froito da unión amorosa destas letras.

singularidade expresa nunha vida profana,
nunha folla, nunha pantalla, nunha cuncha,
na túa pel.

eva méndez doroxo

mou-te i remou-te

Arrisca't a compartir i crear amb els altres

Mou-te i remou-te

amb Martina Escoda / Marta Darder

a Casa Orlandai. Organitza: Ovaria

Moure’s més enllà dels límits
assenyalar altres realitats possibles
creació transdisciplinar
transgressió de les normes habituals
les arts en moviment i intercanvi
revisitar els propis valors i principis

Una activitat per provocar un treball en grup entre persones dedicades a les arts (en totes les seves manifestacions, diverses i múltiples) en un intercanvi i diàleg mutu, amb l’objectiu comú de dur a terme una posada en escena en una acció conjunta al solstici d'estiu.

INVITATS ESTRELLA: (treball al taller i acció o espectacle)

30 d'abril: Trobada sorpresa amb Les Salonnières (Laura Cardona, Ester g. Mecías, Cèlia Prats, Meritxell Romanos i Marta Xibillé)

7 de maig: La poètica de les bombolles de Pep Bou

18 de juny: Lizania, un viatge a l'univers poètic de Jesús Lizano.
Documental de creació de les directores realitzadores Marta Palacín i Elisabet Sort

els divendres de 18 a 20h
des del 16 d'abril al 25 de juny de 2010
Inscripció fins al 7 d'abril de 2010
places limitades
preu: 82€

Documentació que cal presentar (via mail a programacio@casaorlandai.cat):

- Carta de motivació (20 línies)

- CV (en una pàgina)

- Dossier (obra si s'escau)


Per a més informació us podeu posar en contacte amb la Casa Orlandai o amb nosaltres: Martina Escoda <martina.escoda@gmail.com>, "Marta" <martadarder@gmail.com>.

quarta-feira, março 24

manifesto (homes)

ardede nos infernos da insensibilidade,
na ignorancia dos agarimos perdidos,
enfrentádevos a nós, exercito de amazonas,
amantes desesperadas,
mulleres amputadas.
olládenos aos ollos,
reflexo infinito da sabiduría cósmica
que tanto temedes
e fuxide como predadores exhaustos
a novos brazos androides que restauren
vosa inconciencia.

eva méndez doroxo

tona nos beizos

o contacto faime arder.
supuro medo,
lisco dentre túas cuxas,
derramados,
agárrasme con máis forza,
non me permites fuxir.
a orografía desta loita
manten-nos atrapados
lonxe de nós.

eva méndez doroxo

diagnóstico

pequeno anaco de min.
gardado baixo tres cadeas,
oculto na profundidade infinita.
semello unha fíasca de luz,
presa entre tanto ruído,
incapaz de ser escoitada,
vista,
olida.
renego da memoria,
faime anhelar a vida.
agora, tan só, son, a silaba perfecta pechada no teu esquecemento.

eva méndez doroxo

purgatorio

viaxo oculta entre túas palabras
ao mundo dos impronunciados.
alén do medo,
transpórtasme vixilante, doce,
con especial interese na pronuncia dos eses.
cando oscila túa lingua entre os dentes,
síntome descuberta,
oculta tras as sílabas, penso, amosarasme ao mundo.
pero túa boca péchase cando meus ollos asoman dentro dela.
que agarden os outros,
susurras cara adentro, como para tranquilizarme.

eva méndez doroxo

x-taposició

tard allunyo la pols dels meus llavis.
al mig del mar,
les llàgrimes es tornen sal que crema,
pedres en els tormells que m'enfonsen
a l'univers de la no respiració pulmonar.
el gris emana dels meus porus,
fent-me sirena, nua, de comprensió humana.
exerceixo el meu poder en la nit,
on l'ombra de mi mateixa em fa eterna.

eva méndez doroxo


Free Counter and Web Stats