Sorpréndome a min mesma escribindo sen parar como unha máquina incapaz de pechar uns ollos inexistentes.
Descubrín que máis alá do meu ordenador existe un mundo cheo de vida.
Ese lugar que algúns chaman mundo e que está lonxe de ser un lugar-espacio sinxelo. Os parámetros da realidade mudaron. Hoxe, como xa dixen hai tempo, as etiquetas están perseguidas. Inxustamente xulgadas coas vehemencia dos que foron feridos polo seu uso.
O exercicio consiste en recuperar, rehabilitar tantas palabras maltratadas... Violencia no xénero, no emprego, na historia.
Quixera ser só as letras que me definen. O conxunto de adxectivos que un día calquera quixen conter na miña biografía, nos ollos alleos que me miran interrogantes. Pero son carne, pel e lembranzas. Un lugar onde repousaron amantes aturdidos antes de partir cara a súa propia vida.
Unha pel onde se detén o vento antes de seguir a viaxe cara o norte, mudando os rumbos dos que como eu, hoxe escriben cómodos dende butacas vermellas de teixido maforento e cheiro a viño.
Compréndome na inexistencia absoluta de identidade, coñecemento ou eternidade. Acepto a diferencia que me asemella en demasía a todos os que repugno, aos que odio e me rexeitan. Son unha bagoa non derramada nun ollo que non é meu. Un coitelo chantado a traizón nun peito despexado e deséxante de ser atravesado.
Consumo unha vida máis sen entender que non son eterna. Cando lembro quen fun antes de deitarme na mármore e pechar os ollos, xa volto estar atravesada polo aguillón do ferro dunha nova vida, que inevitablemente me esquece de min mesma.
Mórbida danza macabra na co canibalismo de personalidades extermina o individualismo do ser agónico que me conten.
terça-feira, abril 29
declaración de principios
terça-feira, abril 22
coa venia señoría.
esquelete fluorescente perceptible na noite pecha.
cargo nas miñas costas a mirada inquisidora dos que me xulgan.
non me chamaron a xuízo mais impunemente sometéronme á cadea.
desequeinme angorde na indiferencia de quen sabe mancar co verbo.
non pretendo berrar na necrópoles,
nin escarvar, coas unllas gastadas, a madeira da caixa que me fixeron.
o diálogo só serve a mil tres centos quilómetros baixo terra.
os cocos voráxines aceptan miña carne sen condicionamento.
non xulgan quen e qué fun.
nutren seus estómagos famélicos e escoitan pacientes a xustificación do meu silencio.
eva méndez doroxo
analxésico
atorméntame non verme reflectida no teu ser.
rexurdir da NADA que conten toda a miña vida.
ser inequivocamente o absurdo, ao precisarte.
visítote co meu pensamento podre.
intentando achar o que significa esta néboa que me cubre a alma.
non pretendo ser o positivo do camín,
tampouco negarme quero.
so desexo atoparme escrita en tinta violeta nas páxinas que amosas.
inscribirme en vermello preservación no teu fondo negro,
que me linkes exhausto sen gastar meu reflexo de nós en ti.
suprimida me atopo cando te consulto.
esquecida nun recuncho da incertidume.
antes agradecíache a ambigüidade coa que me reprimías.
hoxe liscar dentre as miñas pernas quentes non é xogo rexeitado,
se non dor contida entre verbas impronunciadas.
son pudor e bágoas,
salitre nun mar de madeira caída.
eva méndez doroxo
segunda-feira, abril 21
matemática do non lineal
respostas probables, físicas, axeitadas.
un minuto definido polo asubio dos beizos nunha orella (receptáculo).
os atractores fainnos inmunes ao caos?
nacida da tormenta electrónica,
da indefinición sumisa.
(estable-inestable )+ diferencia = caos.
a lóxica pende do fio invisible das conciencias axitadas.
cosmos: corpo finito, delimitado por liñas dérmicas.
caos: único xeito factible de relación.
eva méndez doroxo
segunda-feira, abril 14
sombras
na licuosidade dos fluídos espectrais
achamos ollos que sobresaen inquedos.
somos os incomprendidos.
aqueles que nun tempo éramos queimados nos lumes da intolerancia,
perseguidos co ferro,
resgados co plomo.
aliñadas cabezas cortadas de tres en tres
para entretenimento do pobo.
hoxe,
no século da incertidume,
aprendemos a seguir respirando a pesares da fumeira.
navegamos orfos nos mares do illamento,
entre corpos apresurados que non queren coñecernos,
só chuchar as diferenzas para desbotarnos ao lixo.
eva méndez doroxo
quinta-feira, abril 10
sumerxida
navego intramuros,
na espesura do fétido ar que contén todos os alentos.
derretida e casual sinto que das miñas extremidades nacen centos de cabezas.
a vida múdame en minúsculos seres que se levan os meus órganos,
inscríbome en centos de personaxes sen ollos, nariz ou boca, que aprenderon a correr
solidificando a po dos meus osos.
eva méndez doroxo
quinta-feira, abril 3
xogos de equilibrio
na inmediatez das sombras,
aproxímaste afondando teu pan en meu mollo.
abandoado déixaste absorber meus fluídos
e lambes os dedos sen deixar escapar nada.
nosas papilas explosionan incrédulas
á mestura de sabor-textura-cheiro,
apértasme contra teu padal rugoso
para reterme un pouco máis.
desprázome inxenua por túas cavidades,
ollándote curiosa,
nunha exploración infinita na que perderme
antes de ser destruída polas túas bágoas.
eva méndez doroxo
represión numérica
atrapada na lóxica numérica,
reinicio a operación prima:
exaltar os sentidos dende o inconsciente-consciente-inconsciente.
resumida en catro símbolos que interpretar
erros e respostas ilimitadas.
non son matemática pero aplico a multiplicidade do ser
para poder chegar a ti.
terrorista pansexual me chaman por non ser máis que un individuo infinito.
tabilhona
quarta-feira, abril 2
4qpodemos
benvidoas ao 4qpodemos
sexta-feira, março 28
000.0
é un continuo exercicio de improvisación
onde os instrumentos experimentan sons imposibles.
enroscados nunha danza silenciosa
rexeitamos a realidade que non invade, corroe.
tabilhona
quinta-feira, março 27
opa hostil
enténdome como forma extensible do apocalipse crítico.
pegadas dunha inexistencia.
suma finita de vidas que analizo coa lente dos ontes.
ronqueiro que adapta seus dentes aos regos dos abrigos que albergo.
son a exiliada de min mesma,
a muller que non ten ollos pero aínda pode ver.
unha loba desorientada que brinca sobre ela mesma na pesquisa da tribo.
o coiro curtíuseme coas bágoas de todas as horas sen medo,
coa fricción duns dedos que viven a quince mil quilómetros, dentro de min.
aproximación dun léxico pobre e ermo que non precisa máis para expresarse.
eva méndez doroxo
quarta-feira, março 26
386
aínda te odio.
podería conxugar o verbo en todas as súas formas
pero non mudaria a esencia do que sinto.
ollo teu reflexo,
contemplo as letras impresas na miña dermis e ruxo.
émito o son das bestas féridas de morte que atravesan o deserto de rochas.
cónsumome na irracionalidade dunha inexplicación orgánica.
no mesmo punto onde os pronomes ferven intrépidos
érgome esquecida na túa boca,
odiandote...
eva méndez doroxo
compromisos
cedo a opresión da túa lingua.
víbora constrictor que me estrangula con cada verba impronunciada.
asesinado polo medo ao sufrimento
intentas berrar dende o meu neal funerario.
cosinche os beizos coa indiferencia,
agochado entre as plumas do meu corpo quente,
fuxes correndo.
eva méndez doroxo
interferencias 8.0
mestúrasme co cheiro fétido dos teus pensamentos.
aniquilas cada átomo de min na túa pel.
son can de presa na pesquisa do rastro.
anxo con ás de diaño
que é imposible esquivar.
penetro nos soños profundos da idade inocencia.
rastreo o zume inexplorado do teu corpo.
_lambo os dedos despois de testarte.
inxenuidade rachada
no acto vandálico da miña lingua.
eva méndez doroxo
terça-feira, março 25
arco 3.4
e faime exhalar a vida.
suprimeme,
faime xemir na espera.
recólle os bocados alleos
e régame cos fluídos da morte.
eva méndez doroxo
resurrección
para envenenarme de ti.
corrompes cada célula coa incertidume
do pracer alongado por unha espera ficticia.
miñas membranas dilátanse coa sensualidade
da serpe hipnótica que se rinde ao son da túa flauta.
suprimidos os signos de puntuación
só quedamos nós:
sólidos que se transforman.
agónicos, contídos, quentes.
eva méndez doroxo
morfose
unión perfecta da eternidade finita.
execución da sexualidade amorfa dun ser mediocre,
que precisa seu reflexo etereo nos seres informes.
somos execución sistemática de impulsos electromagnéticos.
unha píldora de caos fainos ser libres dentro da negación positiva.
médranme extensións fractarias nas pernas.
sorprendo a cada un dos ollos que me miran dende a indiferencia absurda
de vidas cheas de orden.
son calcetins verdes con puntos vermellos.
incomprensión comprendida.
persoaxes inventados dunha historia que remata antes de ter comenzo.
eso é máis do que ves hoxe dende a túa comodidade abstracta
de internauta anónimo.
tabilhona
quinta-feira, março 20
amosando
desaparezo.
respiro en segredo o fume doutras vidas.
animalario que me colecciona,
pendurado dunha agulla do cú rubio.
reparto intensidade nun mundo preparado para a mediocirdade.
soidade na que afondar ata atopar a cama.
sachados os ollos por medos alleos,
medran odios incomprensíbles na sinceridade dos actos.
eva méndez doroxo
terça-feira, março 18
árame
prendida nos teus beizos
déixome caer ao abismo.
penetrar no mundo dos xemidos silenciosos,
para deslizarnos exhaustos o un no outro.
conteis o alento para que non sinta
teus músculos inertes dentro de min.
suspendida nun abrazo fantasma,
reméxome inquieta,
con medo de abrir os ollos
e atoparte disecado nas páxinas que me conteñen.
eva méndez doroxo
