quinta-feira, agosto 6

variación esquizo 15

tórnome poo na ausencia de ti.
corrómpome coa incertidume do silencio eufórico, da mistura do absurdo.
son estatua de sal cando non me percorres coas túas inquedanzas.
teus sentidos trópicos de necesidade abstracta, de curiosidade infinita, explóranme, inxenuos, en aquelarre orgásmico dos sentidos.
fundidos co son dos latexos enredamonos na crítica do que significábamos.

morro sen pensarte, e sen pensarte vivo na esquizofrenia absoluta de non terte e terte,
na negación negada que se fai inversa e afonda no medio do senso do cadaver no que me convirto sen ti, fugada.

eva méndez doroxo

segunda-feira, agosto 3

vacances

oculta entre teus dedos desprázome pola humidade dun sentido ausente.
as caricias reprimen os impulsos salvaxes de mergullarme no sangue,
na impunidade abstracta que me habita mentras te leo co's meus beizos perto da túa pel,
caligrafía algorítmica alcanzable tan só pola mutación do infinito.

entre a inversidade tanxente das palpitacións numéricas aparezo,
formando cuadros clínicos descatalogados,
artellando futuras formas de axentes estériles nos que investigar,
suprimo a verdade cos impulsos dun dedo arrincado á civilización.

eva méndez doroxo

quinta-feira, julho 16

termitas sociais.

son o erro insuprimible.

deixome caer pero non peto contra o chan,
meus miolos non decoran o asfalto hipócrita que me rodea.

torneinme musa dos mortos,
princesa furtiva de olladas que desgarran a pel.

non me concibo sen ti.

perdín a capacidade lóxica de resposta ante o peligro.
agárrome aférrime aos paus de ferro,
non me deixo caer,
agardo eses diminutos dentes que me deborar alongando a dor de non ser.

eva méndez doroxo

quarta-feira, julho 15

descontruíndo-nos

surfeo polo cantil da cordura, xogando no fío da navalla, na estrada sen liñas.
completas a ausencia de reflexión.

tumbada a ezquerda de min mesma vexo o reflexo do que fun.
unha muller compensada,
duas pernas lónxe do peito circular.

teño dous botons metálicos por ollos,
contemplo o ruído,
vexoo pasar,
acaricio a súa rugosidade profunda,
resgo a vida coa impronunciable verba que me separa de min.

sorbo o alimento líquido,
a velocidade textil rómpeme os matices.

son uns beizos cosidos,
a furia contida nos cantís da humanidade.

eva méndez doroxo

segunda-feira, julho 13

torturas de luz 1.0

trasmutación xenética das necesidades.
práctica eterea na que se mergullar con total ausencia de medo.
compromiso abstracto no que se sentar,
do outro lado,
luz

____: son ininterpretable. contacto eufórico presexual no que nos esquecemos de sentir.

- quixen dicir que non entendo, pero véxote: es transparente.-

todas e cada unha das partículas que compoñen a mente son organismos autónomos que reinterpretan os pensamentos.

_____: sinerxias coherentes. momento previo á luz.

tortúrame coa indiferencia que propois nos dialogos de silencio.
tórname musa pendurada na imaxinación de teus dedos.
faime xemir,
remexerme no irreal para sentirme viva novamente.

alónxaste de min a cada instante,
téñote entre meus beizos,
apreto os dentes fundíndote co sangue que mana cara adentro, na profundidade do ser que nos contén; atrapados.
atravésame mil veces coas falanxes ausentes de carne.
deixame convertir esta incredulidade no son previo á composición da simetria universal,
transportame naufraga de recionalidade.


eva méndez doroxo

segunda-feira, julho 6

entre horas

mollo.

as notas estornudan nos miolos,
derrétenme o sentido,
corrómpen a eternidade; o silencio.

mollo...

tabilhona.

quinta-feira, junho 25

fibras xx9

mudei a pel,
foi unha nova metamorfose,
unha viaxe ao fondo dos fluidos para desprenderme das ás atrofiadas.

mergullada na incomunicación orgánica afondei,
parou o son.
ingrávida e hipercalórica caín na profundidade do que non coñezo: a morte.

fun suprimida dende o teclado,
enterrada dende as bágoas,
esquecida máis aló do recoñecible.

tapáronme a boca,
encherónme o corpo de ferruxe.

envolta na ignorancia e crida na non respiración,
absorvin sabiduria,
comín vosos excrementos,
acumulei a forza do insecto e rachei as capas que me protexían.

tropezo co meu cadáver,
non lembro as miñas outras vidas,
sei delas polas tatuaxes da pel que abandono,
señaís inequívocas de que vivín noutras épocas.

surxín da complicidade do proceso,
completei o meu abdomen,
a miña transparencia texturizada e un organismo simple co que moverme na contemporaneidade.

eva méndez doroxo

he mudat de pell,
ha estat una nova metamorfosis,
un viatge al fons dels fluxes per despéndre'm de les ales atrofiades.

submergida en l'incomunicació orgànica m'he enfonsat,
el só ha parat.
ingràvida i hipercalòrica he caigut en la profunditat del que no conec: la mort.

he estat suprimida des del teclat,
enterrada des de les llàgrimes,
oblidada més enllà del que es pot reconeixer.

em van tapar la boca,
em van omplir el cos d'òxid.

envolta en l'ignorancia i creguda en la no respiració,
vaig absorvir sabiduria,
vaig menjar el vostres excrements,
he acumulat la força de l'insecte, trencant les capes que em protegien.

ensopego amb el meu cadàver,
no recordo les meves altres vides,
sé de la seva existencia pels tatuatges de la pell que abandono,
senyals inequívoques d'haver viscut altres époques.

he surgit de la complexitat del procés,
he completat el meu abdomen,
la meva transparencia texturitzada i un organisme simple amb el que moure'm en la conteporaneitat.

terça-feira, junho 16

tormentos

non teño conciencia de aprender.

composicións sen sentido aturdenme na obliga de vomitar o mundo de letras, pero non escribir.

paso os dias ollando o blanco.
deborando as liñas diminutas de insectos que me transfiren saber,
ou eran dúbidas?.

nunca reflexionada,
sempre no impulso quente do sangue que mana por beizos sedentos.

aburrida,
incomprendida,
desmemoriada nun futuro que me repele, sen pasado ao que referirme, sen conciencia de presente.

soan as luces coa estridencia dos pensamentos: bonobos fornicando, relacionados na pansexualidade que acontece unha ferramenta social que non somos capaces de descifrar.

afondo no blanco.
durmo.

sen grandes pretensións escribo uns puntos suspensivos nun formato codificado.
comunicamos?_

tabilhona.

sexta-feira, junho 5

na oscuridade do ser

técesme na licuosidade dun agarimo impronunciado.
mergullados no desalento dos laberintos de pel deboramos os latexos,
incomprensibles batémonos baixo a mirada atenta dos insectos noctúrnos,
carroñeiros que esperan ca desesperación se apodere de nós.

un xemido contido penétranos os tímpanos,
esmáganos as linguas no fluir aterrador do solpor.
reflexase o lúar en nosas inmobilidades,
corrompémonos na textura afrodisiaca e deixamos cas efímeras coman nosos praceres.

eva méndez doroxo

terça-feira, junho 2

reflexións

coñecémonos cando o xeo empeza a derretirse,
cando as bagoas fluen cara a dentro enchendo os xeonllos de sal.

agarimos nun camiño queimado polo sol,
linguas entretecidas na oblicuidade dun pensamento clandestino.

fuxes de min, como fuxín eu durante tanto tempo.
alónxaste tras a fumeira da respiración contida,
do medo e da indecisión.
es un naufrago que non afonda porque baixo os pes ten pedras,
pero sigo sendo invisible, marmorea e eterna disfunción visual.

eva méndez doroxo

ens vam conèixer quan el gel comença a fondres,
quan les llàgrimes flueixen cap a dins omplint els genolls de sal.

caricies en un camí cremat pel sol,
llengues entreteixides en l'oblicuitat d'un pensament clandestí.

fuigs de mi, com he fuigit jo durant tant de temps.
t'allunyes rera el fum de la respiració continguda,
la por i l'indecisió.
ets un nàufrag que no s'enfonsa perque sota els peus té pedres,
però segueixo sent invisible, marmórea i eterna disfunció visual.

acortando distancias coa morte

precipítome á profundidade dun agarimo que me é alleo.
deslízome polo fío da navalla da incomprensión: absurdo boneco que me ollea, sorrindo, dende a comodidade do inanimado.

preferín morrer na loita,
no dinamismo da esencia,
antes que vivir eterna, adorada e pétrea nuns beizos descoñecidos.

eva méndez doroxo

quarta-feira, maio 27

poeticas e eròticas 2º parte

Aquí deixo un enlace para que disfrutedes do recital do pasado martes.

eròticas na xina.

sexta-feira, maio 22

PERFORMANCE PARA OS SENTIDOS (2º parte)



As verbas policromaticas encherannos os sentidos mergullándonos en paisaxes descoñecidos/coñecidos, da mau de Alba Rubio, Ana Escourio e Eu mesma.

Tamén imos contar coa explosión de sutileza dos grafitos de Ilaria Sgrigna creados este domingo e que seguirán vestindonos cos seus trazos multicolor.

E como non coa mistura dalgunhas das máis sinxelas e suxerentes sorpresas que aconteceran ao longo este martes 26 de maio as 20,30h na Xina A.R.T., de Barcelona, dentro do ciclo O CATALIZADOR. e da Semana de Poesia de Barcelona.

Agardámosvos alí clausurar esta 2ª parte do MENÚ DEGUSTACIÓN.

terça-feira, maio 19

tartaruga amb maduixes

novamente fluo polo río-lume,
as túas verbas queimanme a gorxa,
desalentan a paixón.

derréteste na suavidade dun agarimo impronunciado,
baixo miñas xemas calóricas fundes túa polpa vigorosa.
somos aristócratas dos sabores,
os inauditos captores de sutileza.

abre un pouco máis a boca,
deixame entrar,
pousate en min e flue da necesidade mesma do incomprensible.

eva méndez doroxo

sábado, maio 16

Semana de Poesia de Bcn. Eva Méndez doRoxo &Co.

24 de maio actuamos con poemas meus na Xina Art, dentro do ciclo do Catalizador e da Semana de Poesia de Barcelona.

En breve máis detalles

quarta-feira, maio 6

comendo da pota

en función do incomprensible: desintégrome.
na corrupta levedade do ínfimo: conxelo o sentimento amor.
perdurar é retallar a cadea, sobrepasar o tempo, enfilar a indómita sensibilidade allea,
e despois dunha loita a vida ou vida, conseguir mudar a identidade, seguir no mundo subterráneo,
sobrepoñer a natureza orgánica ao lixo do corpo en descomposición.

quero saber o que pedín antes de me esquecer de min mesma.
faloume nun susurro,
dende o lonxano eco da memoria.
apareceu a figura dunha pantasma, un ser alado (o non iniciado podería confundir con un anxo).

o resumo da incerteza,
da dignidade do peón que deambula polos teixidos do noso cosmos,
non é máis c'unha parábola da existencia mesma,
un de-sincronismo, aforismo do absurdo: permancer.

eva méndez doroxo

quarta-feira, abril 29

con crema de espárragos

Xa ves, cando esperto, non estás aí: nin por riba, nin por baixo, nin ao meu carón, nin...
Fun unha incrédula ao pensar que seguirias abstracto, peredne e dócil nunha cama sen lados.
Erguindo a transparencia - da existencia analóxica-, formamos a concentricidade do medo.
Seguimos atrapados na inconsistencia, na precariedade do verbo.

As veces, olleo por riba da almofada, olisqueo o perfume do paso do tempo, revivo os momentos de extraño percorrer, como se a eternidade fose algo posible.
Pecho os ollos e transporto os dedos ao carón do teu alento, unha homenaxe ao deserto nestes dias de chuvia.

Afondo sen medo na disciplina canónica, na ordenanza das estatuas e o impasible estirar as sabas, pero non me axudan as tarefas a recontruir unha cama con bordes polos que caer xogando a escapar de ti.

eva méndez doroxo

terça-feira, abril 28

atrapada

desaparezo tras a negación.
teño que reinventarme peza a peza.

sen ti áchome perdida,
inconclusa.
borrador de min mesma.
quedei pendurando das letras.

aparento ser ingrávida,
orbito na inmensidade que nos separa,
o cosmos que nos achega.

aterezo baixo un sol de agosto prematuro,
e búscome quentar, nas verbas de teus beizos xeados.

eva méndez doroxo

terça-feira, abril 14

con gotas de ron

sorpréndome mecida polas túas oscilacións.
vampírica e inherte contemplo a suabidade do corpo.
subo ao máis profundo do ilóxico para deixarme caer sobre a tinta das túas costas.

cargas a indeferencia e dispárasme ao palpexo que cuspe sangue.
corrompo a dignidade eclesíastica,
furo no paixoal pecado da existencia,
arremeto contra min mesma na lingua que non consigue achegarnos.

somos criaturas salvaxes domesticadas nun tempo de incerteza.
desexo rabuñarme coas árbores,
desfacerme afogada no fondo das algas que coleccionas.
que me atopes baixo as uñas do esquecemento e resurxas, neptuno, do deserto desta soidade.

eva méndez doroxo

segunda-feira, abril 13

i

i sobretot desitjo que la nit no acabi per seguir somian-te.

eva méndez doroxo

Free Counter and Web Stats