quarta-feira, fevereiro 10

flamenco 4

es o número maldito,
a combinación dixital imperfecta.
non é posible sair impune amandote.

deformanse os cartílagos,
a figura circunfléxaseme e simplemente
abandoo a miña conceptualidade.

son múltiplo de ti,
unha obscenidade non nata
pola que loitar.

apresúrome, 
agochote no peto,
orballan dias de mutación.

eva méndez doroxo

terça-feira, fevereiro 9

macbook

quero saber que pensas cando te toco.
preciso comprender o porqué dos teus xemidos.
cantos receptáculos ten a túa suvidade,
cómo organizo a desinformación na que te atopo.

saberme integrada en teus circuitos,
nomeada na sílaba sonora que significa nós,
amosarme na dureza do dia
sen bagoas,
fría.

sobre os corpos,
o ruido.
baixo a tela,
nós.

eva méndez doroxo

bébeda

tornarme pedra desexo,
para que me vexas
en total dimensión.
tridimensional segundo as normas,
infinita segundo eu.

que o gris enfríe túa mau,
aínda quente.

xirar eufórica
dende teus pes ata o peito,
e aniñar no furado
que túas costelas me gardan,
alí onde sen terme teisme,
sen saberme sábesme,
sen sentirme síntesme.
eu,
a pedra infinita que te agarda no mar.

eva méndez doroxo

gramatica dos sentidos

doe no peito cada punto e aparte.
obvío as mayúsculas só para evadirme de ti,
túa existencia persigue o rastro
dunha identidade fráxil,
dunhas maus que tremen e dubidan cada coma.

doe no peito cada silencio,
cando o alento me falta,
cando o cerebro se para intentando non pensar,
cando o ar, respiro,
cando preciso facerche calar.

non teño ferramentas,
nin ollos,
non teño mostras da realidade,
nin os mapas topográficos dos sentidos,
os cinco, seis, sete mil sentidos nos que perderme cada segundo
antes de espertar inxenua,
virxe de puntos,
de comas,
de ti.

eva méndez doroxo

penso en ti

aínda quente, teu corpo, sobre miñas pálpebras.
os rabuñois da ignorancia
axítanse baixo a dermis retallada,
as letras.

cartografia indescifrable es para min,
cando ocultas teu rostro na fraxilidade dos dias.

sinto como teus pasos se achegan a outro corpo,
escoitote bater na porta do lado,
ollarme sen verme,
bicarme nos beizos doutra cara,
que sendo miña non son eu.

eva méndez doroxo

dias de chuvia en Barcelona

esvaro pola lama dos agarimos,
invadida pola humidade,
nosa pel, de mármol, ábrese na secuencia infinita.

o forno aterece imposible de ternos,
morder a herba mollada
antes de descender ao inferno,
mostrarnos aínda inmersos
na desesperación
dun alento contido.

eva méndez doroxo

sexta-feira, fevereiro 5

7 horas

sete horas marcan a diferencia entre ti e o resto de homes.
es ti, o que pola noite pesquisa miña pel de amendoa,
es ti, o que sen sabelo esconde o fuciño en meu pelo crecho,
ti, o que afonda na configuración errónea da circunferencia,
un anaco de nós, un pedazo de ti,
unha fiasca de min, 
baixo as sabas de xaneiro.

eva méndez doroxo

quinta-feira, fevereiro 4

assegurances

críspasme os nervios.
atolodrada, baixo a rabia da contención,
os miolos escúrrense pola boca,
atravesarte co coitelo,
ata que a gorxa pare de berrarme.
farta.

eva méndez doroxo

de llengües

nua,
sota l'alfabet,
em trobo.

els interrogants lliscan per l'inclinació dels meus malucs,
buscant les respostes de l'inconcient.
els allunyo de les meves formes.

xisclo.
l'exclamació es fa eterna,
però avit vindran els punts suspensius
per endreçar la convulsa gramàtica
que allibera la meva pell.

eva méndez doroxo

DJIA

humidade consonante na que inflamar miñas papilas.
sorberte en cunca,
mollar os beizos nas sésegas das túas imperfeccións,
arder.

desplazar os dedos ata a viscosidade na que mergullar os sentidos,
propoñer unha pausa antes de deborarte.

invadida,
exausta,
pecho os ollos para poder sentirte percorrer o meu organismo.
fame, teño fame de ti.

eva méndez doroxo

en català és possible

no comprens la meva llengua,
malinterpretes les meves paraules,
els gestos,
les caricies.

sóc un animal en cautiveri,
i les teves mans m'ofeguen.

pateixo hipotèrmia quan ets a prop meu,
però et necessito per cremar-me amb la rapidessa d'un llumí.

no entens ni de qué parlo,
llegeixes erroni les meves nines.
m'agradaria poder tancar la boca,
apagar els ulls,
ser l'objecte inhert que t'estimes,
però l'electricitat em fa moure,
els músculs no obeeixen la teva voluntad.
m'ofego.

caic amb celeritat en les espurnes del teu cos,
i no em cremo,
m'escalfo, i t'enyoro.

tinc sed.

eva méndez doroxo

cortisona

o reflexo do que fun,
as cinzas da miña existencia no mundo dos bípedos,
o retallado alento entre as plumas da cama,
unha fíasca de luz brilando nos teus ollos.

existín noutro tempo,
entre outros brazos.
cando os beizos queimaban a pel,
transportándome ao cosmos.

agora, xa vella, son a casca dunha muller.
o fondo dunha identidade perdida na néboa.
fuxiches de nós, levandote o significado da vida.

eva méndez doroxo

quarta-feira, fevereiro 3

dieta

demasiado condimenta esta existencia austera.
no fondo da pota queda a verdadeira substancia madre,
o meu Eu infinito,
ese ao que me achego,
para lamber os dedos nel, pero que non alcanzo aínda.

eva méndez doroxo

segunda-feira, fevereiro 1

eu falo

ahir et vaig somiar.
duies les marques de la nostre maltreta identitad.
eres la musa despentinada dels utópics,
éssers, com jo, que encara tenim ales per somiar.

el edictes ens perforen la carn,
destrueixen la nostre essència i ens aboquen,
en aquests temps de llibertat,
als penyasegats de l'ignorancia.

eva méndez doroxo

domingo, janeiro 31

flamenco 3.s

sinto os berros chantarse na miña pel.
esnaquízaseme a gorxa presa dos silencios.
somos mutantes clonados,
números repetidos nunha secuencia aleatoria.
desintégraseme a materia ósea.
somos andobas na liña da circunferencia.
extrañas criaturas que se rinden a un instante de morte,
para renacer,
anagnórise da cotidianidade.

eva méndez doroxo 

bágoa

deslízome polo branco,
decruando as sésegas da terra, 
escarvo nos miolos do sufrimento.

sego as cadeas,
fendas de espiga polas que me arrastrar.

móstroche o camiño no que afondar o ferro,
sangro o sangue todo da miña identidade.

eva méndez doroxo

silencio

caendo, na infundada frialdade dos díxitos,
aprendo a esquecerme.
volto tras miñas pegadas,
desdibuxando a forma dos agarimos,
as verbas pronunciadas,
os nomes de cada instante.

eva méndez doroxo

quarta-feira, janeiro 27

DJIA 0

conformas a perplexidade do nome propio.
cortas os dedos afondando en meu peito.
ráchasme as costelas,
es a medida furacanada dos meus sentimentos.

eva méndez doroxo

NASDAQ

i aleshores vas apareixer,
rere els meus pasos tremolossos,
la caricia em va fer caure aterrada,
les teves mans en recollirme suaren.

la fredor de la tarde em glaça l'inconcient,
t'allunyes,
desapareixes sota la boira de l'imaginari.

eva mendez doroxo

antrax

asfixia.
a interrogacion permanente contraeme os musculos.
posponse o naufrago.
vitreos ollos na pasarela.
agarimos gardados no caixon do inesquecible.

ven cara a min,
atormentame co incomprensible.
vibra.

eva mendez doroxo

Free Counter and Web Stats