segunda-feira, abril 13

non quero que me observes

As etiquetas que descoñezo son ferramentas das bocas que me xulgan. Atentas miradas caen sobre estes versos que afondan no mapa interno de ceros e uns no que cae a desesperación da que escrebe no soño interrumpido.
Somos navegantes planetarios, astronautas de mazá e plátano nun universo atemporal.

Cando creo ter descuberto todo, aparece na miña irrealidade a imaxen difuminada dun individuo sen corpo.

Hoxe cortei o pelo. Unha Sanson feminina. Unha musa desfigurada tras os leds númericos dunha interacción irracional.

Óllome no espello e agardo que unhas maus se deslicen pola miña cabeza calva, pola corteza montañosa desta pel espida que espera noctámbula un alento alleo para volver a brotar.

Suprimo a dulzura nos encontros. Mostro as cicatrices antigas, os tatuaxes aínda sangrantes e os dentes arrincados.
Eles non se espantan.
Aproxímanse crédulos. Lambes as feridas que amoso, acaricianme o pelo no chan.
Miran o obsceno e irreal, o oasis do seu deserto diario.

Recollo os cachos de min_a pel señalada, o que queda de pelo a dignidade, a soidade...
Contemplade a creación do ser que vive na coba, que oubea na noite e que molla os beizos na inmensidade das verbas.

eva méndez doroxo

Sem comentários:

Free Counter and Web Stats