infórmate nos
beizos,
da miña paixón.
propóñoche que
mistures
a miña pel
debastada
co po,
monocromático,
do teu
racionalismo,
para trocarnos dos
pes ao inicio,
e traficar cos
anacos
dunha existencia
previa.
pregúntalle á
lingua,
o son do meu
desexo.
rescata os
xemidos,
desta gorxa
esgazada,
e rehabita os
silencios
do compás do meu
alento.
dialoga cos
segundos
a aventura de
esquecerme.
eva méndez
doroxo.
Sem comentários:
Enviar um comentário