esquecín a miña identidade
ao sentir, os teus ollos, pousarse
na incertidume dun agarimo pronunciado.
os cantís abríronse dentro de min,
formando as liñas da locura,
a compañeira de viaxe que te alonxa,
que nos achega.
somos seres abnésicos de nós,
rumiantes das verbas,
infinitos viaxeiros de peles alleas.
eva méndez doroxo
2 comentários:
Encantoume o dos infinitos viaxeiros e peles alleas...
grazas linda!! bicos
Enviar um comentário