quarta-feira, junho 22

resurrección

deixein as ás na porta
para non queimalas nos infernos das túas verbas.

achegueinme espida
para que me xulgases
e novamente me condeas a unha morte lenta.

esta vez non penso escapar,
quero cos corvos esgacen a miña carne,
cos risos aniquilen os meus sentidos,
e verte feliz pola miña desintegración.

en rematar a túa tortura,
se queda algún anaco de min,
pídolle ao lume co queime
e que coa cinza se tingan as miñas ás,
que pacientes e virxes agardan na porta
do inferno dalgún agarimo.

eva méndez doroxo

Sem comentários:

Free Counter and Web Stats