sexta-feira, março 18

chamadas perdidas

escarbo nas feridas que como cantís se abren na perplexidade da miña pel.
agochado, nas fíascas do esquecemento, agarda o teu recordo,
o das bocas descoñecidas e os desexos infinitos,
aquel que lonxe me queda cando me ollas invisible baixo o microscopio da indiferencia.
inventáchesme e agora, cando a gravedade me aproxima ao chan, ignoras cada minuto do meu alento.
penso que non existía antes, cando as túas mans e as túas verbas me moldeaban con tino, unindo os pedazos co tempo espaiara alén do meu cosmos.
síntome rota nesta nova vida.
son un proxecto de musa,
unha lembranza líquida fronte o reflexo dun segundo que non vin acontecer.

eva méndez doroxo

2 comentários:

Anabela Couto Brasinha disse...

Olá Eva,

Espero que estejas bem.
Abraço

na certeza de uma distância
não soube, essa não existiria

segundos não se perdem
mas há sempre além
onde vai quem não hesita

Eva disse...

obrigada linda, tudo bem. gostaba de baixar a porto máis nao poso, a ver se en breve, beijos de segundos esquecidos.

Free Counter and Web Stats