os beizos reprimen os xemidos mentres as bocas se devoran desesperadas,
coa impaciencia de quen se teme descuberto,
non polos espectadores atónitos,
se non polos ollos abertos de quen, devorando, devora.
o cerebro reflexiona, entende,
analiza cada palabra, incerta, que os beizos expresan para xustificar, sen senso, a inquietude dos corpos sobre o suor de realidade absurda, disfrazada de nostalxía dun agarimo pasado.
aínda cando se dicen que os ollos nunca minten,
sábense, os dous, hipócritas,
infelices sacos latentes de pudorosas excusas que ata o dagora nin entenden,
pero unen de novo as bocas e en silenciosa retahíla sosteñen,
unha amizade pura que non comprenden.
eva méndez doroxo
Sem comentários:
Enviar um comentário